A Deputación da Coruña colabora na promoción dos produtos da Reserva Mariña Os Miñarzos, en Lira
Valentín González Formoso participou na degustación xunto ao aldalde de Carnota, Juan Manuel Saborido

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe na degustación de produtos da Reserva Mariña Os Miñarzos, en Lira, xunto ao alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido. O evento conta coa colaboración da Administración provincial, que apoia así a promoción de produtos de calidade, como tamén a explotación sustentable dos recursos mariños.
A Reserva Mariña Os Miñarzos creouse en 2007 e foi a primeira de interese pesqueiro na costa Atlántica. Ten unha extensión que supera as 2.000 hectáreas. O seu obxectivo é a recuperación e a conservación das especies da zona para favorecer os sectores da economía local relacionados co mar.