Turismo da Deputación colabora cunha nova edición do Abanca Pantín Classic Galicia Pro
O vicepresidente, Xosé Regueira, acudiu esta mañá á presentación oficial do evento da World Surf League, que se celebra en Pantín do 23 ao 31 de agosto
A Deputación da Coruña apoia esta e as outras dúas probas que a World Surf League celebrará este ano en España, que terán lugar as tres na provincia da Coruña: Gadis Longboard Festival Ferrol; Abanca Pantín Classic Galicia Pro e o Cabreiroá Junior Pro Razo cun investimento de 310.000€
Regueira sinalou que, precisamente, grazas a esta colaboración, "estas tres probas da WSL son unha referencia europea". O vicepre", e destacou a importancia do surf "para o turismo e o modelo turístico que defendemos dende a Deputación da Coruña, que contribúe á conservación do medio"

A praia de Pantín volve converterse, un ano máis, na capital mundial do surf, coa celebración do Abanca Pantín Classic Galicia Pro do 23 AO 21 de agosto. Un evento que conta co apoio da Deputación da Coruña, que financia este e os outros dous campionatos que a World Surf League celebra en España (o Gadis Longboard Festival Ferrol e o Cabreiroá Junior Pro Razo) cun investimento de 310.000€. O vicepresidente, Xosé Regueira, acudiu esta mañá á inauguración oficial, onde puxo en valor o potencial do surf como dinamizador socioeconómico do territorio.
Regueira sinalou que, precisamente, grazas a esta colaboración, "estas tres probas da WSL son a referencia europea da liga mundial". O vicepresidente tamén destacou a importancia do surf "para o turismo e o modelo turístico que defendemos dende a Deputación da Coruña, que contribúe á conservación do medio" xa que este deporte "atrae un turismo moi consciente e respetuoso co territorio, polo que para nós é unha alianza que se materializa non so nestas tres probas, senón durante todas as accións que desenvolvemos durante todo o ano á hora de conservar espazos naturais".
"Pero non so iso", engadiu Regueira, "senón que este evento vai moito máis aló do surf para apostar por cuestións tan relevantes como a cuestión, polo que Pantín é unha moi boa nova para Galiza e todo o que o o noso país representa a nivel internacional". O vicepresidente tamén puxo en valor a colaboración público – privada nesta cita, "cada vez que nos xuntamos administracións públicas – neste caso Deputación, Xunta e Concello – e o sector privado, logramos éxitos tan relevantes como este".
Do 23 ao 31 de agosto celebrarase a 38ª edición deste campionato que xa é todo un referente mundial. Como é tradicional, este evento transcende o puramente deportivo, incluíndo numerosas actividades na súa programación que se desenvolven de xeito paralelo e completamente de balde (gastronomía, medio ambiente, actuacións musicais...), o que supón un atractivo máis para os seus case 100.000 visitantes por edición.