Estás en:Emprego

Regueira visita en Zas a nova oficina de información turística de Brandomil

O vicepresidente estivo acompañado do alcalde, o presidente e parte do equipo técnico que está traballando nas escavacións

Dende a Deputación iniciarase unha colaboración para dinamizar a oficina durante todo o ano, "contribuíndo á desestacionalización do turismo e a manter os nosos recursos operativos todo o ano"

Regueira visita en Zas a nova oficina de información turística de Brandomil

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, visitou a nova oficina de información turística de Brandomil, en Zas, Manuel Muíño; o presidente da Fundación Brandomil, José Pérez, e parte do equipo técnico que está traballando nas escavacións. Regueira aproveitou tamén para coñecer os traballos arqueolóxicos que están realizando na contorna da ponte romana e do xacemento romano Pedra do Altar.

Regueira confirmou a colaboración da Deputación co Concello e a Fundación Brandomil para dinamizar, durante todo o ano, a oficina de información turística de Brandomil, e contribuír así a manter este recurso aberto e a buscar estratexias de desestacionalización para o turismo da comarca.

"Na Costa da Morte contamos cun importantísimo patrimonio, como estamos vendo aquí en Brandomil que conta cun patrimonio romano moi singular, que debemos non só preservar senón tamén difundir entre toda a poboación, tamén a da nosa provincia". Neste sentido, o vicepresidente engadiu que "Brandomil non só é historia, é tamén presente e futuro, por iso hai que divulgalo tamén entre a rapazada, que volverán despois cos seus pais a visitar este lugar único".

Durante a visita, o arqueólogo Lino Gorgoso tamén lle trasladou ao vicepresidente o resultado das escavacións máis recentes que se están levando a cabo, neste caso na Pedra do Altar que, tal e como sinalou, apuntan á existencia, baixo a terra, dunha cidade romana que estivo habitada durante varios séculos.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X