Estás en:Emprego

O presidente da Deputación asiste á botadura da primeira fragata da serie F-110 fabricada por Navantia

O acto foi presidido polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez; acompañado da vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz; exercendo como madriña da embarcación a raíña Sofía

O presidente da Deputación asiste á botadura da primeira fragata da serie F-110 fabricada por Navantia

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, participou esta tarde na botadura da primeira fragata F-110 no estaleiro de Navantia Ferrol, unha embarcación de última xeración para a Armada Española bautizada como 'Bonifaz'.

A cerimonia estivo presidida polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que estivo acompañado da vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, e na que exerceu como madriña a raíña emérita, Sofía de Borbón.

O buque é a primeira das cinco unidades que dotarán dun salto cualitativo en tecnoloxía e capacidade naval á Armada, pois representa unha nova xeración de barcos multipropósito con capacidades antiaéreas, antisubmarinas e antisupeficie, marcando un antes e un despois na operatividade.

Ademais, esta nova fragata conta cos sistemas máis novidosos no mundo dos buques militares, con sistemas como o Xemelgo Dixital, o ISS, o CODLAG ou o SCOMBA, desenvolvido por Navantia e que integra todas as capacidades de combate do buque, facilitando a interoperabilidade con outras unidades e embarcacións de países aliados.

Formoso subliñou que Navantia é unha "industria estratéxica para Ferrolterra, que representa milleiros de empregos directos e indirectos, de alto valor engadido, e que leva décadas sendo un motor de desenvolvemento para esta terra". Respecto deste proxecto, incidiu en que xera 9.000 postos de traballo, consolidando a relevancia de Navantia Ferrol como "centro de referencia nacional en tecnoloxía naval avanzada.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X