Estás en:Emprego
A Biblioteca na provincia

Préstamo para Clubs de lectura nas Bibliotecas da Provincia

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña quere colaborar cos Clubs de lectura das Bibliotecas da provincia, compartindo as obras que temos para a lectura en grupo.

Trátase dunha escolla de títulos en papel ou dixital.

Neste mes e o seguinte póñense en marcha a maioría dos Clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Provincia.

Dende a Biblioteca da Deputación queremos contibruir a que se desenvolvan estas actividades en todos os concellos.

Por iso poñemos ao dispor das Bibliotecas da Provincia, as obras das que dispoñemos para que non quede un recuncho do territorio sen Club Lector.

Na páxina web da Biblioteca temos unha listaxe dos libros en papel, podes consultala aquí: 

Aqueles centros que prefiran optar pola lectura dixital, poden trasladarnos as súas propostas de programación, e trataremos de satisfacelas súas necesidades.

En caso de que unha obra (sexa en papel ou dixital), non existise actualmente no noso catálogo, poden solicitarnos a súa adquisición, e dende a Biblioteca da Deputación trataremos de conseguila.

Qué precisan as Bibliotecas da provincia para acollerse a este servizo: 

-Solicitar o carné de préstamo para entidades de xeito presencial ou telemático.

Información completa sobre o Servizo: https://emprego.dacoruna.gal/biblioteca/servizos-provincia/#Prestamos+a+clubs+de+lectura

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X