Estás en:Emprego

O pleno da Deputación da Coruña aproba constituir a comisión para a creación das Casas de Acompañamento aos Maiores (CAM)

O pleno da Deputación da Coruña aproba constituir a comisión para a creación das Casas de Acompañamento aos Maiores (CAM)

O pleno da Deputación da Coruña deu hoxe un novo paso no desenvolvemento do seu modelo pioneiro de atención ás persoas maiores coa aprobación da constitución da comisión político-técnica encargada de impulsar a creación das Casas de Acompañamento aos Maiores (CAM), un proxecto referente en Galicia inspirado nos modelos máis avanzados de Europa.

A sesión plenaria aprobou tamén un investimento de 405.170 euros destinado ás obras de reforzo do firme da estrada DP 3203 ao seu paso por Oza-Cesuras, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 8+400 e 12+500. A actuación está incluída no Plan de Vías Provinciais, co obxectivo de mellorar a seguridade e funcionalidade da rede viaria de titularidade provincial.

Así mesmo, o pleno deu luz verde aos convenios de colaboración co Centro Ocupacional A Escada de Culleredo e coa entidade ecoloxista ADEGA, no marco do proxecto "Ríos", unha iniciativa centrada na educación ambiental e a protección dos cursos fluviais da provincia.

A sesión estivo marcada tamén pola toma de posesión de seis novos deputados e deputadas do grupo provincial do Partido Popular: Juan Carlos García Pose, Juan Domingo de Deus Fonticoba, María Yolanda Valiño Pena, Ovidio Rodeiro Tato, Eduardo Antonio Pereiro Liñares e Rubén Suárez Carballo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X