Estás en:Emprego

Formoso despide ao fiscal xefe de Galicia, Fernando Suanzes, tras dez anos no cargo

Formoso despide ao fiscal xefe de Galicia, Fernando Suanzes, tras dez anos no cargo

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, despediu hoxe ao fiscal xefe de Galicia, Fernando Suanzes, que deixa o cargo por xubilación tras unha década á fronte da Fiscalía Superior da comunidade.

Formoso agradeceu a traxectoria exemplar de Suanzes ao servizo da xustiza galega e quixo trasladarlle os seus mellores desexos para esta nova etapa persoal que agora comeza.

"A súa carreira caracterizouse pola independencia, o rigor e o compromiso coa legalidade e coa sociedade galega. Foi un referente institucional durante anos, e quero expresar en nome propio e da Deputación da Coruña o noso recoñecemento polo seu labor", afirmou Formoso.

A xubilación de Suanzes pon fin a unha etapa de dez anos como máximo responsable do Ministerio Fiscal en Galicia, durante a cal destacou pola defensa dos dereitos fundamentais, a loita contra a violencia machista e a súa colaboración coas institucións para o fortalecemento do Estado de Dereito.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X