Estás en:Emprego

A Deputación da Coruña súmase ao minuto de silencio en solidariedade coa poboación de Gaza

A Deputación da Coruña súmase ao minuto de silencio en solidariedade coa poboación de Gaza

A Deputación da Coruña sumouse este mediodía á convocatoria da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) dun minuto de silencio en solidariedade coa poboación civil de Gaza ante a gravísima catástrofe humanitaria que está a sufrir.

O acto tivo lugar ás 12.00 horas diante do Pazo provincial e estivo encabezado polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, acompañado por representantes dos distintos grupos políticos da corporación e por persoal traballador da institución provincial.

A FEGAMP convocou esta mobilización simbólica en todos os concellos e deputacións galegas como mostra de solidariedade coas vítimas dos ataques en Gaza e como rexeitamento firme da vulneración dos dereitos humanos e do dereito internacional humanitario.

A través dunha declaración institucional á que se suma a Deputación, a Federación trasladou a súa denuncia duns ataques que xa provocarom máis de 60.000 persoas falecidas —das cales máis de 16.000 son menores—, máis de 100.000 feridos, a destrución masiva de infraestruturas e o desprazamento forzoso de máis do 90% da poboación da franxa de Gaza.

Durante o acto na Coruña, gardouse un respetuoso minuto de silencio co que a Deputación expresou o seu compromiso cos valores da paz, a xustiza e os dereitos humanos, e trasladou a súa solidariedade a todas as vítimas do conflito, especialmente ás persoas desprazadas, feridas ou que perderon aos seus seres queridos.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X