Estás en:Emprego

Formoso compartiu coa veciñanza de Brión e milleiros de visitantes a romaría de Santa Minia

O presidente da Deputación, que acudiu á celebración na compaña dos deputados provinciais Bernardo Fernández Piñeiro, Mar García e Antonio Leira, percorreu co alcalde, Pablo Lago, e outras autoridades os postos situados na carballeira e participou no xantar popular

Formoso compartiu coa veciñanza de Brión e milleiros de visitantes a romaría de Santa Minia

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, participou hoxe na romaría de Santa Minia, en Brión xunto aos deputados provinciais Bernardo Fernández Piñeiro, Mar García e Antonio Leira. Tras o recibimento por parte do alcalde, Pablo Lago, no acceso á carballeira, todos eles realizaron, xunto a outras autoridades, un percorrido polos postos durante o que Formoso destacou a afluencia de persoas pese á choiva.

O presidente provincial valorou a romaría como "unha data moi sinalada no noso calendario" e salientou que ano tras ano é "garantía de éxito" polo seu gran poder de convocatoria e por tratarse dunha celebración que todos os asistentes desfrutan "en harmonía". Despois, participou no xantar popular, nunha das tradicionais pulpeiras.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X