Estás en:Emprego
Outras convocatorias

Subvencións do Fondo de Compensación Ambiental destinadas a entidades locais de Galicia - DATA LÍMITE: 06/03/2026

Subvencións do Fondo de Compensación Ambiental destinadas a entidades locais de Galicia - DATA LÍMITE: 06/03/2026

Convocatoria:
Subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2026, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.

Obxectivos:
Financiar actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente, así como ao reequilibrio territorial, en cumprimento da Lei 8/2009 do canon eólico. As actuacións deben contribuír á protección ambiental, á eficiencia enerxética, ao uso sustentable dos recursos naturais e á mellora da biodiversidade, incluíndo tamén accións de sensibilización ambiental e mitigación de riscos ambientais.

Entidades beneficiarias:
• Concellos de Galicia, de forma individual.
• Concellos de Galicia en solicitudes conxuntas, mediante agrupacións ou asociacións.
• Mancomunidades de concellos de Galicia.
• Consorcios locais de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios concellos.
Quedan excluídas as deputacións provinciais.

Gastos subvencionables:
• Investimentos en inmobilizado: obras, execución material, equipamentos e instalacións.
• Custos de persoal, propio ou contratado, vinculado á execución das actuacións ou ao funcionamento dos servizos municipais de protección ambiental.
• Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural.
• Contratos de subministración (equipamentos, vehículos, bens mobles).
• Custos de proxecto e dirección de obra, asesoría xurídica ou financeira, gastos notariais, rexistrais e periciais necesarios.
• IVE, cando sexa efectivamente soportado e non recuperable.
• Actuacións vinculadas á biodiversidade, eficiencia enerxética, enerxías renovables, control ambiental, recuperación de espazos degradados, educación ambiental e integración paisaxística, segundo o catálogo detallado da orde.

Contía da subvención:
Na liña competitiva:
• Ata o 80% do orzamento subvencionable.
• Límite máximo:
◦ 32.000 € por solicitude individual de concello.
◦ 48.000 € para mancomunidades, consorcios ou solicitudes conxuntas.
◦ Límites específicos inferiores cando só se solicitan gastos de funcionamento.
Na liña non competitiva: Ver importes no Anexo V da convocatoria.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 07/02/2026 - 06/03/2026

Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica en réxime de concorrencia non competitiva a concellos.
Sede electrónica en réxime de concorrencia non competitiva a concellos asociados ou agrupados.
Sede electrónica en réxime de concorrencia competitiva a entidades locais.
Sede electrónica en réxime de concorrencia competitiva a concellos asociados ou agrupados.

Contacto:
Dirección Xeral de Administración Local
Santiago de Compostela.
Teléfono: 981 546 579
Correo-e: administracionlocal@xunta.gal

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X