Concurso #140enpositivo 2026
Volve o noso concurso máis inspirador! Buscamos letras que nos impulsen e melloren no noso día a día, mensaxes positivas, palabras de ánimo, ilusión e apoio para compartir e animar a diferentes idades. Podes facernos chegar ata un máximo de tres composicións; lembra que deben ser de creación propia e inéditas. Tes un mes dende hoxe para participar, así que esperamos a vosa participación!
As mensaxes terán unha extensión máxima de 280 caracteres (os espazos contan) e poden estar escritas en galego ou castelán. Podes facernos chegar as túas mensaxes desde o formulario que atoparás na sección Actividades > Concursos.
Obxecto.
Coa finalidade de espertar a imaxinación dos lectores e lectoras, animar a compartir as súas creacións, dinamizar as Bibliotecas e facer partícipes do concurso ao conxunto de bibliotecas municipais da provincia, a Biblioteca da Deputación convoca a XIV edición do concurso #140enpositivo.
Buscamos mensaxes positivas que nos impulsen e melloren no noso día a día, palabras de ánimo e apoio para compartir e animar a diferentes idades. Se queres tomar parte desta marea de positivismo e tes 14 anos ou máis, anímate a participar enviándonos a través do formulario web esa mensaxe que nos vai empuxar a afrontar a vida dun xeito máis positivo!
Condicións.
As mensaxes terán unha extensión máxima de 280 caracteres, os espazos contan. Poden estar escritas en galego ou castelán e cada participante pode enviar como máximo 3 mensaxes, que deben ser inéditas.
Prazo.
O prazo para a presentación dos traballos será dun mes e comezará ao día seguinte da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.
Premios.
Poderás conseguir os seguintes premios:
Categoría 1: Máis de 18 anos: no que se seleccionarán tres premiados ou premiadas.
Un libro electrónico para o primeiro premio.
Unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.
Categoría 2: Entre 14 a 17 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.
Un libro electrónico para o primeiro premio.
Unha tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.
*Haberá un pequeno agasallo para todas as persoas participantes, que se recollerá na Biblioteca.

