Premios Nova Bauhaus Europea para pequenos concellos - 17/03/2026
Convocatoria:
Premios New European Bauhaus (NEB) para pequenos Concellos 2026.
Obxectivos:
Os proxectos propostos deben estar aliñados cos valores da Nova Bauhaus Europea (NEB) (sostibles, inclusivos, fermosos) e cos principios de traballo (proceso participativo, implicación a múltiples niveis, enfoque transdisciplinar).
Deben centrarse no contorno edificado (como a construción, renovación e adaptación de edificios e espazos públicos) a través das lentes da circularidade, da neutralidade de carbono, da preservación do patrimonio cultural, das solucións de vivenda asequible e da rexeneración de espazos rurais ou urbanos.
Todos os proxectos deben ter acadado un nivel de madurez suficiente e demostrar a implicación da comunidade.
Entidades beneficiarias:
- Autoridades públicas locais (UAL) da UE.
- Municipios clasificados como DEGURBA 2 ou 3, ou con menos de 20.000 habitantes.
- Posibilidade de asociacións de concellos (cun solicitante principal).
Requisitos dos proxectos:
- Aliñados cos valores e principios da NBE (sostibilidade, inclusión, estética, beleza)
- Nivel suficiente de madurez e compromiso político.
- Participación activa da comunidade demostrada.
- Non estar finalizados no momento da solicitude.
- Ser replicables noutros contextos da UE.
- Non ter recibido previamente un premio monetario da UE.
- Deben centrarse no entorno da construción, rehabilitación ou adaptación de edificios e espazos públicos.
- Deben incorporar elementos como neutralidade en carbono, economía circular, preservación do patrimonio, vivenda accesible, rexeneración de espazos públicos, especialmente en zonas rurais.
Criterios de avaliación (100 puntos):
Valores fundamentais (40 puntos)
- Sostibilidade
- Inclusión
- Estética
Principios de traballo (40 puntos)
- Proceso participativo
- Participación multinivel
- Enfoque transdisciplinar
Dimensión innovadora (10 puntos)
Transferibilidade (5)
Viabilidade (5)
Contía do Premio:
- 20 premios
- 30.000 € por proxecto
- Paquete adicional de comunicación da Comisión Europea.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 20 febreiro 2026 - 17 marzo 2026 (19:00 CET)
Documentación e bases:
Bases
Sede electrónica
Contacto:
Union Europea
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
