Estás en:Emprego
A BPDC comprometida coa sociedade

Marzo en feminino

Empeza marzo e con el as diferentes propostas da Biblioteca Provincial orientadas a reivindicar a igualdade.

Recunchos temáticos, difusión de creadoras nas redes e seccións habituais que se tinguen de morado este mes, son algunhas das iniciativas que se van a desenvolver nas próximas semanas.

Marzo en feminino

Un só día para reivindicar a igualdade fáisenos moi pouco.

Por iso, desde a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña adicamos o mes de marzo a traballar, de xeito aínda máis activo que o resto do ano, a prol dos dereitos das mulleres e as nenas.

A nosa campaña de "Marzo en feminino" abrangue varias iniciativas que esperamos que vos acheguen á reflexión e a poñer en valor a loita feminista.

Propostas pola igualdade

  • Campaña de posta en valor de autoras, artistas e creadoras implicadas coa igualdade: cada día (de luns a venres) recomendamos unha creadora referente no activismo pola igualdade. Trataremos de seleccionar as elixidas entre as nosas veciñas da provincia e poderedes seguir a selección a través das redes da Biblioteca, no web e fisicamente na sección de préstamo.
  • Recunchos temáticos centrados no feminismo en diferentes seccións de préstamo da Biblioteca.
  • A sección "Biblioclip, Música na BD" fai unha entrega especial na semana do 8M.
  • A sección de recomendacións "BookFaceFriday" dos venres tamén aposta polo morado. 
  • Nas salas do eBiblioDaCoruna Club Lector seleccionaronse obras con esta temática:

Esperamos que gocedes das suxestións propostas e convidámosvos a mudar a ollada para construírmos xuntas unha sociedade máis igualitaria para todas.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X