Subvencións para a realización de auditorías das redes de saneamento para detectar infiltracións - 07/09/2026
Convocatoria:
Subvencións para a realización de auditorías das redes de saneamento para detectar infiltracións.
Obxectivos:
• Financiar a realización de auditorías das redes de saneamento para detectar infiltracións.
• Mellorar a xestión, eficiencia e funcionamento dos sistemas de saneamento municipal.
Entidades beneficiarias:
• Concellos e entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia.
• Responsables de sistemas de abastecemento.
• Cunha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes.
Gastos subvencionables:
Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2026 destinados á:
• Elaboración de auditorías das redes de saneamento para a detección de infiltracións.
• O IVE será subvencionable só se non é recuperable pola entidade beneficiaria.
Contía da subvención:
100% do investimento subvencionable.
Límite máximo: 15.000 € por solicitude (IVE incluído).
Réxime de concorrencia non competitiva (por orde de entrada ata esgotar crédito).
Prazos:
Prazo de presentación de solicitude: 06/03/2026 - 07/09/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 541 632
Correo-e: xuridico.augas@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
