Subvencións a concellos para a elaboración e implantación de plans de protección civil para o risco de incendios forestais de ámbito municipal - 06/04/2026
Convocatoria:
Subvencións a concellos para a elaboración e implantación de plans de protección civil para o risco de incendios forestais de ámbito municipal.
Obxectivos:
• Financiar os gastos que realicen os municipios de menos de 10.000 habitantes para a elaboración, revisión e implantación do Plan de actuaciónmunicipal ante o risco de incendios forestais.
• Garantir que os plans cumpran coas prescricións do Platerga (Plan territorial de emerxencias) e do Peifoga (Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia).
Entidades beneficiarias:
Municipios galegos con menos de 10.000 habitantes que cumpran os seguintes requisitos:
• Que teñan obriga de contar cun Plan de actuación municipal ante o risco de incendios forestais conforme ao Peifoga.
• Que teñan remitida a conta xeral do exercicio 2024 ao Consello de Contas de Galicia.
Gastos subvencionables:
Serán subvencionables os gastos realizados entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 1 de novembro de 2026 para:
• Elaboración do Plan de actuación municipal (Ver concellos que deben elaborar o plan no anexo I da convocatoria).
• Revisión do plan xa homologado (Ver concellos que deben revisar o plan no anexo II da convocatoria).
Inclúe:
- Gastos de servizos técnicos profesionais para a elaboración, revisión e implantación.
- No caso de elaboración con medios propios municipais:
• Salarios e soldos.
• Cotizacións á Seguridade Social.
• Do persoal cualificado implicado na elaboración do plan.
Contía da subvención:
Sistema de concesión: rateo entre as solicitudes admitidas.
Cálculo:
• Concellos do Anexo I: reciben o importe íntegro resultante do rateo.
• Concellos do Anexo II: reciben o 40% do importe asignado aos do Anexo I.
• Intensidade máxima: ata o 75% do custo total xustificado.
Concorrencia non competitiva
Prazo de presentación de solicitude: 06/03/2026 - 06/04/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Servizo de Prevención e Análise de Riscos
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 007
Correo-e: proteccioncivil.emerxencias@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
