Procedemento para obter a condición de concello colaborador no Programa Fogar Vivo - 31/12/2028
Convocatoria:
Procedemento para obter a condición de concello colaborador no Programa Fogar Vivo.
Obxectivos:
O procedemento regula como os concellos poden obter a condición de entidade colaboradora na Sección II do Programa Fogar Vivo, que xestiona vivendas destinadas ao alugueiro alcanzable en colaboración co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Entidades beneficiarias:
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitude para ser concello colaborador:
Forma de presentación:
• Obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia.
• Utilizando o formulario normalizado (Anexo VI das bases reguladoras) do procedemento.
Declaracións na solicitude:
O concello deberá declarar que:
• Coñece e acepta o contido e obrigacións do programa.
• Os datos da solicitude son correctos.
Obrigacións principais do concello colaborador:
• Comprobar que as persoas solicitantes de vivenda cumpren os requisitos do programa.
• Propoñer a persoas arrendadoras e inquilinas a sinatura de contratos de alugueiro.
• Informar as persoas propietarias e inquilinas sobre o programa e as súas axudas.
• Informar as persoas arrendadoras da obrigación de depositar a fianza no IGVS.
• Facilitarlle ao IGVS a información e documentación que solicite.
• Someterse a inspeccións do IGVS.
• Participar en actividades de formación sobre o programa.
• Cumprir a normativa de protección de datos.
• Certificar o cumprimento dos requisitos do programa
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 11/07/2025 – 31/12/2028, salvo finalización anticipada do programa.
Documentación e bases:
Bases reguladoras
Sede electrónica
Máis información sobre o Programa Fogar Vivo:
O Programa Fogar Vivo ten por obxecto establecer axudas ás persoas ou entidades propietarias e usufrutuarias de vivendas coa finalidade de incentivar que as incorporen ao mercado de alugamento a través dunha renda accesible.
O programa desenvolverase a través das seguintes seccións:
• Sección I, xestionada polo IGVS.
• Sección II, xestionada a través de concellos que obteñan a condición de entidade colaboradora.
Convocatoria das axudas do Programa Fogar Vivo para o ano 2026: Prazo de presentación de solicitudes aberto ata 03/06/2026.
Contacto:
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 016/ 981 541 982/ 981 957 886/ 981 541 557
Correo-e: tramites-fomento.igvs@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
