A Biblioteca Provincial actualiza o seu Sistema de Xestión Bibliotecaria
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña troca o sistema informático de xestión das tarefas bibliotecarias. Por iso, o vindeiro 28 de abril, muda o catálogo de consulta dos fondos.
[Estes cambios non afectarán á eBiblioDaCoruna].
Que significa isto para ti?
Que a forma de facer procuras e reservas cambia, pero con máis opcións para xestionar as vosas lecturas.
O novo catálogo incorpora moitas funcionalidades, así pois, poderedes facer a través del moitas máis cousas ca antes, e axudaravos a atopar o que buscades dun xeito máis rápido e sinxelo.
Onde podo atopalo?
Na mesma páxina que ata agora: https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal
Como podo xestionar as miñas lecturas?
Para poder entrar na túa área persoal precisas das contrasinais que nos vindeiros días facilitaremos, a través do enderezo electrónico que figura no carné da biblioteca.
Estas novas contrasinais, por seguridade, son dun só uso. Fai uso delas para acceder, e logo tes que mudalas polas que ti escollas.
Se non tes un enderezo electrónico asociado ao teu carné é importante que nolo facilites.
E para rematar...
O uso do catálogo é moi intuitivo, pero faremos Guías de axuda, que vos achegaremos proximamente.
Como mudanza que é, os primeiros días de uso poden resultar complexos, polo que pregamos paciencia para afacerse ao novo deseño e funcionalidades.
O persoal bibliotecario fica ao voso dispor para axudarvos e informarvos de todo o preciso.
Grazas por axudarnos a mellorar!
