Estás en:Emprego

O Plan Único 2026 da Deputación da Coruña alcanza os 153 millóns de euros e supera xa nun 11% ao do ano pasado

O pleno aproba unha modificación de crédito de 65 millóns que eleva o POS+2026 por riba do do pasado ano

O investimento supera xa nun 11% os 138 millóns de 2025

O Plan Único 2026 da Deputación da Coruña alcanza os 153 millóns de euros e supera xa nun 11% ao do ano pasado

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, no marco dun expediente de modificación de créditos, unha partida adicional por importe de 65 millóns de euros para Plan Único (POS+2026), que se suman aos 88 millóns consignados inicialmente, elevando o investimento total ata os 153 millóns de euros.

A cifra supón un incremento de preto dun 11% respecto aos 138 millóns totais de 2025 e consolida o Plan Único como o principal instrumento de cooperación municipal de Galicia e unha referencia a nivel estatal pola súa dimensión, flexibilidade e impacto directo nas economías dos concellos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que "o Plan Único é hoxe a mellor ferramenta que teñen os concellos para garantir servizos, investir e planificar con estabilidade, especialmente nun momento de forte incremento dos custos". Formoso subliñou que "estamos nun contexto marcado pola inflación, pola incerteza internacional e polo encarecemento da enerxía e dos servizos, e os concellos están asumindo máis gastos que nunca, polo que este plan resulta clave para darlles seguridade e capacidade de resposta".

O presidente puxo en valor o modelo do POS+, baseado nun reparto obxectivo, transparente e equitativo dos fondos entre os 93 concellos da provincia, atendendo a criterios como a poboación ou a superficie de cada concello. Formoso lembrou ademáis que "son os concellos os que deciden libremente en que investir, en función das súas prioridades e do que precisa a súa veciñanza", explicou.

Neste sentido, destacou que o Plan Único permite financiar unha ampla variedade de actuacións, desde obras e infraestruturas ata programas sociais, culturais ou ambientais, pero incidiu especialmente na súa importancia para sosteñer o funcionamento diario dos municipios. "Non se trata só das máis de 4.500 obras executadas xa nos concellos cos fondos do Plan Único, senón de miles de servizos básicos como o alumeado público, a limpeza, o mantemento das vías municipais ou os servizos sociais que os concellos poden soster grazas a este plan. Ese gasto é menos visible, pero absolutamente esencial para a calidade de vida da xente", afirmou.

Formoso advertiu de que "sen este apoio, moitos concellos terían serias dificultades para manter o nivel actual de servizos nun contexto de subida xeneralizada dos custos" e engadiu que "a Deputación está a facer un esforzo extraordinario para estar á altura das necesidades dos municipios, mentres outras administracións seguen sen reforzar o financiamento local na medida necesaria". Neste punto, lembrou que "a Deputación da Coruña continúa a investir máis nos 93 concellos da provincia que a Xunta de Galicia nos 313 concellos galegos, e facémolo ademais con fondos que respectan plenamente a autonomía local". Neste sentido, demandou o incremento do financiamento dos municipios por parte da administración autónomica e o seu reparto en base a criterios obxectivos e non en función de cores políticas.

O Plan Único mantén un reparto equilibrado en todo o territorio provincial, garantindo que todos os concellos, independentemente do seu tamaño ou localización, dispoñan de recursos suficientes para atender as súas necesidades e desenvolver proxectos que melloren a calidade de vida da veciñanza.

Na comarca da Coruña, o investimento supera xa este ano os 36,2 millóns de euros, permitindo reforzar servizos e acometer actuacións nunha das áreas máis poboadas da provincia; na comarca de Santiago, o POS+2026 acada os 43,1 millóns de euros, a maior dotación por áreas, reflectindo o seu peso territorial e garantindo recursos para infraestruturas e servizos municipais; en Ferrolterra, Eume e Ortegal, o investimento supera os 28,6 millóns de euros, contribuíndo á mellora das infraestruturas locais e ao mantemento dos servizos nun territorio especialmente sensible aos cambios económicos; na comarca de Bergantiños e Costa da Morte, o plan mobiliza máis de 26,3 millóns de euros, permitindo avanzar na mellora das comunicacións e dos servizos básicos; e no Barbanza, o investimento acada os 18,6 millóns de euros, reforzando a capacidade dos concellos para atender as necesidades da veciñanza e impulsar o desenvolvemento local.

Formoso concluíu subliñando que "o Plan Único demostra que hai outra forma de facer política local, baseada na confianza nos concellos, na igualdade territorial e na resposta ás necesidades reais da xente", e engadiu que "a Deputación actúa e garante que os concellos teñan recursos para seguir funcionando e mellorando".

Comarcas

POS + inicial/ 2026

POS+ AD2/2026

TOTAL POS + 2026

A Coruña

20.180.578,46

16.063.590,47

36.244.168,93

Santiago

25.305.801,37

17.833.699,65

43.139.501,02

Bergantiños

15.250.837,43

11.066.759,55

26.317.596,98

Ferrol

16.175.520,48

12.441.647,73

28.617.168,21

Barbanza

11.087.262,26

7.594.302,60

18.681.564,86

Total

88.000.000,00

65.000.000,00

153.000.000,00

Comarca da Coruña

POS + inicial /2026

POS +  AD2/2026

Total POS + 2026

Abegondo

982.199,98

606.374,82

1.588.574,80

Aranga

766.910,96

480.648,59

1.247.559,55

Arteixo

2.179.029,12

1.367.787,94

3.546.817,06

Bergondo

729.724,06

449.486,97

1.179.211,03

Betanzos

888.533,04

700.301,93

1.588.834,97

Cambre

1.524.430,96

1.914.322,01

3.438.752,97

Carral

729.599,01

561.912,56

1.291.511,57

Coirós

438.512,99

273.626,09

712.139,08

Coruña, A

371.678,13

234.417,95

606.096,08

Culleredo

1.861.687,17

2.531.404,64

4.393.091,81

Curtis

836.492,35

528.413,99

1.364.906,34

Irixoa

550.977,55

354.431,78

905.409,33

Mesía

819.145,34

508.368,52

1.327.513,86

Miño

705.539,73

442.471,36

1.148.011,09

Oleiros

2.078.321,50

1.280.180,39

3.358.501,89

Oza Cesuras

1.380.970,30

853.765,38

2.234.735,68

Paderne

519.089,47

349.098,73

868.188,20

Sada

1.092.202,19

1.528.101,22

2.620.303,41

Sobrado

831.521,55

520.904,53

1.352.426,08

Vilarmaior

384.264,24

258.188,55

642.452,79

Vilasantar

509.748,82

319.382,52

829.131,34

Total comarca

20.180.578,46

16.063.590,47

36.244.168,93

Comarca de Santiago

POS+ inicial /2026

POS+ AD2/2026

Total POS+ 2026

Ames

2.003.997,30

1.314.490,03

3.318.487,33

Arzúa

1.316.846,29

820.237,89

2.137.084,18

Baña, A

854.380,24

565.019,40

1.419.399,64

Boimorto

716.715,63

462.754,20

1.179.469,83

Boqueixón

792.421,62

495.484,28

1.287.905,90

Brión

903.866,08

613.947,03

1.517.813,11

Dodro

413.482,10

299.075,41

712.557,51

Frades

702.266,88

466.015,63

1.168.282,51

Melide

1.248.549,38

779.914,33

2.028.463,71

Negreira

1.118.242,19

736.044,74

1.854.286,93

Ordes

1.483.889,46

927.267,64

2.411.157,10

Oroso

909.829,51

703.140,62

1.612.970,13

Padrón

758.146,05

748.677,65

1.506.823,70

Pino, O

1.031.565,57

644.432,49

1.675.998,06

Rois

849.022,59

528.604,53

1.377.627,12

Santa Comba

1.562.179,97

1.039.557,10

2.601.737,07

Santiago de Compostela

1.572.144,13

1.321.935,79

2.894.079,92

Santiso

703.175,46

440.251,85

1.143.427,31

Teo

1.443.381,20

990.917,51

2.434.298,71

Toques

629.586,47

389.990,65

1.019.577,12

Tordoia

887.443,28

554.291,64

1.441.734,92

Touro

995.438,80

1.388.233,36

2.383.672,16

Trazo

806.047,59

523.055,41

1.329.103,00

Val do Dubra

878.502,03

573.453,76

1.451.955,79

Vedra

724.681,55

506.906,71

1.231.588,26

Total comarca

25.305.801,37

17.833.699,65

43.139.501,02

Comarca de Bergantiños e Costa da Morte

POS+ inicial/2026

POS+ AD2/2026

Total POS+ 2026

Cabana de Bergantiños

838.427,28

519.885,05

1.358.312,33

Camariñas

623.379,44

400.982,78

1.024.362,22

Carballo

2.466.262,75

1.621.568,87

4.087.831,62

Cee

782.490,93

504.681,42

1.287.172,35

Cerceda

895.559,33

571.074,16

1.466.633,49

Corcubión

256.737,55

158.553,70

415.291,25

Coristanco

1.136.650,09

957.081,08

2.093.731,17

Dumbría

861.376,75

552.775,48

1.414.152,23

Fisterra

496.556,14

314.728,02

811.284,16

Laracha, A

1.301.895,66

899.108,26

2.201.003,92

Laxe

494.240,11

397.225,34

891.465,45

Malpica de Bergantiños

709.891,90

457.546,96

1.167.438,86

Muxía

999.530,35

668.762,53

1.668.292,88

Ponteceso

925.351,10

1.426.067,25

2.351.418,35

Vimianzo

1.398.842,08

915.565,87

2.314.407,95

 Zas

1.063.645,97

701.152,78

1.764.798,75

Total comarca

15.250.837,43

11.066.759,55

26.317.596,98

Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

 

POS+ inicial /2026

POS+ AD2/2026

Total POS+ 2026

Ares

528.868,43

345.124,37

873.992,80

Cabanas

515.601,41

412.482,60

928.084,01

Capela, A

457.625,89

314.425,53

772.051,42

Cariño

540.522,96

332.945,07

873.468,03

Cedeira

853.967,52

539.586,80

1.393.554,32

Cerdido

417.188,59

294.203,47

711.392,06

Fene

896.188,48

581.475,51

1.477.663,99

Ferrol

713.656,24

635.161,28

1.348.817,52

Mañón

589.932,29

371.448,20

961.380,49

Moeche

444.763,79

275.847,99

720.611,78

Monfero

983.059,74

665.652,02

1.648.711,76

Mugardos

366.934,69

819.932,21

1.186.866,90

Narón

2.184.536,77

2.061.410,23

4.245.947,00

Neda

488.582,31

323.683,34

812.265,65

Ortigueira

1.502.653,60

993.802,71

2.496.456,31

Pontedeume

697.733,52

429.781,81

1.127.515,33

Pontes de García Rodríguez, As

1.790.718,77

1.319.884,89

3.110.603,66

San Sadurniño

736.130,69

470.650,44

1.206.781,13

Somozas,  As

585.227,65

377.480,76

962.708,41

Valdoviño

881.627,14

876.668,50

1.758.295,64

Total comarca

16.175.520,48

12.441.647,73

28.617.168,21

Comarca do Barbanza

POS+ inicial /2026

POS+ AD2/2026

Total POS+ 2026

Boiro

1.403.036,27

954.642,25

2.357.678,52

Carnota

648.467,12

435.182,44

1.083.649,56

Lousame

731.599,68

460.806,13

1.192.405,81

Mazaricos

1.196.641,58

739.206,45

1.935.848,03

Muros

883.509,95

547.425,41

1.430.935,36

Noia

956.926,40

761.587,89

1.718.514,29

Outes

914.754,27

573.139,44

1.487.893,71

Pobra do Caramiñal, A

714.617,41

582.466,57

1.297.083,98

Porto do Son, O

1.040.785,92

702.902,69

1.743.688,61

Rianxo

907.021,04

632.948,48

1.539.969,52

Ribeira

1.689.902,62

1.203.994,85

2.893.897,47

Total comarca

11.087.262,26

7.594.302,60

18.681.564,86

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X