Píldora Seguridade: Calificación e protección da información corporativa
Boas prácticas en seguridade da información

PÍLULA FORMATIVA
Calificación e protección da información corporativa
Información (DAC-STIC-NOR5)
A calificación da información consiste en asignarlle unha etiqueta que indica seu nivel de sensibilidade e acceso.
Porque non toda a información da Deputación pode circular libremente, xa que algúns datos requiren protección específica.
O responsable da información define a súa calificación e aplícase a todos os soportes: documentos, correos, expedientes, informes ou dispositivos.
Niveis de calificación
✓ USO PÚBLICO: Información de difusión libre como contidos web, convocatorias ou publicacións oficiais.
✓ USO OFICIAL: Información interna ou sensible como expedientes, datos persoais, informes ou contratos.
✓ Se un documento non leva etiqueta, considérase automaticamente USO OFICIAL.
Que podo facer?
USO PÚBLICO: A información pode difundirse libremente sen restricións especiais.
USO OFICIAL: Só pode compartirse con persoal autorizado mediante canles corporativas seguras (correo cifrado, VPN ou repositorios internos). A impresión, envío ou almacenamento debe realizarse con control e protección.
Erros comúns
Compartir información oficial sen protección, almacenar datos en dispositivos non autorizados ou asumir que sen etiqueta implica uso libre.
Lembra
Sen etiqueta equivale a USO OFICIAL.
Ante a dúbida, aplica sempre maior protección e consulta coa Oficina de Seguridade.