Subvencións para a modernización e sostibilidade das bibliotecas públicas municipais - 05/06/2026
Convocatoria:
Subvencións para a modernización e sostibilidade das bibliotecas públicas municipais
Obxectivos:
Modernización por melloras na accesibilidade, na sostibilidade ou no equipamento tecnolóxico ou de mobiliario.
Entidades beneficiarias:
Municipios cunha poboación non superior a 50.000 habitantes que conten cun centro bibliotecario ou de lectura de titularidade municipal.
Os centros para os que se solicite subvención deberán estar incluídos no Directorio de Bibliotecas Españolas [https://directoriobibliotecas.mcu.es/dimbe.cmd?apartado=portada] con carácter de biblioteca pública ou centro de lectura de titularidade municipal e en situación activa no momento de publicarse a presente convocatoria.
Os centros deben ter un horario mínimo de apertura semanal de:
• 15 horas en municipios de ata 5.000 habitantes.
• 25 horas en municipios de máis de 5.000 habitantes.
Gastos subvencionables:
a. Obras ou equipamentos que melloren a accesibilidade aos espazos bibliotecarios de forma que permitan tanto o seu acceso físico como o uso dos seus servizos por parte de persoas maiores ou con diversidade funcional.
b. Obras ou equipamentos que melloren a sostibilidade dos espazos bibliotecarios. Inclúense as actuacións de mellora ou substitución dos sistemas de climatización, calefacción, illamento do edificio e iluminación que incrementen a eficiencia enerxética destes espazos e a instalación nos mesmos de placas solares, sistemas de xeotermia ou aerotermia ou outros procedementos de xeración, autoconsumo ou uso de enerxías renovables.
c. Subministro de novos equipamentos tecnolóxicos ou de mobiliario que contribúa á modernización dos servizos bibliotecarios. Inclúense, entre outros elementos: ordenadores (portátiles e de sobremesa), tabletas, pantallas e teclados, lectores de código de barras, software especializado para bibliotecas, sistemas anti-furto e dispositivos para a dixitalización e reprodución de documentos (proxectores, escáneres, cámaras fotográficas dixitais, equipos de impresión e equipos multifunción), e outros dispositivos que poidan considerarse que contribúen á modernización dos servizos bibliotecarios, así como estanterías, mesas, cadeiras, mostradores de atención, sinalética, e outros mobles específicos para bibliotecas.
Contía da subvención:
Como máximo o 60% do custo total do proxecto. Contías máximas previstas para cada liña:
Accesibilidade: 7.500 €
Sostibilidade: 7.500 €
Mobiliario e equipamento tecnolóxico: 3.000 €
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 15/05/2026 - 05/06/2026
Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Ministerio de Cultura
Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura
Teléfono: 91 701 70 00
Correo: modernizacion.bibliotecas@cultura.gob.es
