Estás en:Emprego

Píldora Seguridade: Protección fronte ás estafas

Boas prácticas en seguridade da información

Píldora Seguridade: Protección fronte ás estafas
Deputación da Coruña Concello Dixital

Pílulas Formativas

Boas prácticas en seguridade da información

Ataques orientados a pagamentos e estafas

Os ciberdelincuentes aproveitan a rapidez dos pagos dixitais para enganar ás vítimas

Que é o Bizum inverso?

É unha técnica de fraude na que o atacante, en lugar de enviar diñeiro, solicita un pago á vítima mediante Bizum. Se a persoa acepta a solicitude pensando que vai recibir cartos, acaba realizando un envío de diñeiro ao estafador.

Sinais de alerta

!

Mensaxes urxentes que solicitan aceptar unha operación rapidamente

!

Solicitudes de pago inesperadas enviadas por descoñecidos

!

Operacións relacionadas con compras, vendas ou devolucións falsas

Como protexerse

✓

Revisa sempre se a aplicación indica "Enviar" ou "Solicitar" diñeiro

✓

Desconfía de presións para actuar con rapidez ou sen verificar a operación

✓

Ante dúbidas, confirma a operación directamente coa persoa ou entidade implicada

Antes de aceptar unha operación, comproba sempre o que estás autorizando

Un simple erro pode provocar a perda de diñeiro ou a exposición da túa información financeira. A mellor protección fronte ás estafas dixitais é actuar con calma e verificar cada operación.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X