Estás en:Emprego

A Deputación recibe ao RC Deportivo tras o ascenso á 1ª división

O presidente, Valentín González Formoso, e os membros da corporación provincial recibiron a xogadores, corpo técnico e directiva do club coruñés, que esta pasada fin de semana certificou o ansiado ascenso ao máximo nivel do fútbol nacional

Nun salón de plenos ateigado de deportivistas, Formoso deu os parabéns aos representantes do club —liderados polo seu presidente, Juan Carlos Escotet— e a todos os afeccionados deportivistas.

A Deputación recibe ao RC Deportivo tras o ascenso á 1ª división

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, xunto cos portavoces de todos os grupos políticos con representación no pleno provincial, recibiu hoxe no salón de plenos aos xogadores, corpo técnico e directiva do RC Deportivo —liderados polo seu presidente, Juan Carlos Escotet— tras o seu ascenso á 1ª división do fútbol español.

O ansiado regreso, despois de oito temporadas de ausencia na máxima categoría —pasando incluso catro anos fóra do fútbol profesional—, certificouse o pasado domingo en Valladolid, a onde se desprazou unha marea branquiazul para acompañar ao equipo e darlle folgos para lograr o ansiado obxectivo.

Nun salón de plenos ateigado de deportivistas, que non quixeron deixar pasar a ocasión de estar preto dos seus ídolos, Formoso deu a benvida a todos os representantes do club, sinalando que se trata dun día "moi especial para nós e para toda Galicia". O presidente provincial incidiu en que o Deportivo "é un símbolo daquilo que nos une. É un sentimento que transcende á cidade, ás fronteiras desta provincia, ás xeracións, ás ideoloxías políticas... é un sentimento que transcende a calquera outro que no día a día pode distanciarnos".

O presidente non quixo deixar pasar a ocasión de dar os parabéns a "unha afección incrible, envexada por todos os clubs de España" e tamén "a unha directiva e a un presidente que deu un paso complexo cando decidiu asumir a presidencia". Por iso, quixo agradecer "o esforzo que fixeches para lograr a aspiración de todo un país".

Pola súa banda, o presidente do RC Deportivo, Juan Carlos Escotet, agradeceu á Deputación "el apoyo que durante tantos años ha mantenido con el club", así como polo recibimento no pazo provincial. Escotet incidiu en que este ascenso "genera ilusión en muchísimas personas y devuelve a A Coruña a un ámbito de máxima visibilidad dentro del fútbol español" e situou ao Deportivo como "parte de la historia social y deportiva de esta provincia".

Lembrou que o club pasou recentemente "etapas de mucha exigencia; y fue precisamente en esos momentos cuando más se evidenció la fortaleza del deportivismo". Unha esixencia que se mantén co regreso á elite do fútbol español, que obrigará ao club "a seguir creciendo con estabilidad y responsablidad; y ese seguirá siendo nuestro compromiso: consolidar un proyecto sólido, competitivo y preparado para el futuro. Para rematar a súa intervención, Escotet volveu agradecer "la cercanía institucional y la colaboración" da Deputación.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X