A tiro de verso : Obradoiro de poesía
Obradoiro para ler poesía "A tiro de verso". Catro xoves de outubro ás 19 h
impartido por Dores Tembrás e con poetas galegos/as convidados en cada sesión:
Eva Veiga, María Lado, Anxo Angueira e Noelia Gómez
Reeditamos o obradoiro que estreamos en 2022 e que sempre é un éxito de convocatoria
e participación. Volverá ser un espazo para achegarse á palabra poética, fornecido de
lecturas que abranguen dende a obra de González Garcés ata a poesía última. Dirixido a
persoas interesadas en aproximarse ou afondar na poesía galega e en adquirir
ferramentas para gozar da súa lectura. Atallar os prexuizos co xénero e afondar no
acontecemento poético, atendendo a teorías que nos poñan en contacto coas poéticas
máis relevantes das últimas décadas. Todo isto para deternos en conceptos como
silencio, música do poema, poder de suxestión, evocación, corte do verso, imaxe...
Sesións: O número de sesións é catro, incluíndo catro poetas convidad*s. Un por sesión.
Periodicidade: é semanal e a duración das sesións é de 2h.
As datas para os encontros: 8, 15 e 22 e 29 de outubro de 2026.
