Estás en:Emprego Novas

Un proxecto de emprendemento escolar do CPI "O Cruce" de Cerceda, entre os galardoados nos premios "Cooperativismo no ensino 2018"

O proxecto Cross Designs, creado polos alumnos e alumnas de 3º de ESO do CPI Plurilingüe "O Cruce" de Cerceda dentro do programa de promoción do emprendemento na escola do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña vén de ser galardoado cun accésit dentro do certame "Cooperativismo no ensino 2018" convocado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e dirixido a todos os centros educativos de Galicia.

Trátase dun dos catro proxectos de emprendemento na escola que promove o PEL noutros tantos centros educativos da provincia da Coruña coa colaboración de distintas asociacións de empresarios. No caso do centro cercedense, o proxecto conta coa titorización e asesoramento da Asociación de Empresarios de Sabón.

Cross Designs, que toma o seu nome da propia denominación do centro escolar en inglés, consistente na creación dunha cooperativa empresarial dedicada á persoalización de produtos mediante a impresión 3D e impresión sobre téxtil.

Un proxecto de emprendemento escolar do CPI

O proxecto Cross Designs, creado polos alumnos e alumnas de 3º de ESO do CPI Plurilingüe "O Cruce" de Cerceda dentro do programa de promoción do emprendemento na escola do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña vén de ser galardoado cun accésit dentro do certame "Cooperativismo no ensino 2018" convocado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e dirixido a todos os centros educativos de Galicia.

Trátase dun dos catro proxectos de emprendemento na escola que promove o PEL noutros tantos centros educativos da provincia da Coruña coa colaboración de distintas asociacións de empresarios. No caso do centro cercedense, o proxecto conta coa titorización e asesoramento da Asociación de Empresarios de Sabón.

Cross Designs, que toma o seu nome da propia denominación do centro escolar en inglés, consistente na creación dunha cooperativa empresarial dedicada á personalización de produtos mediante a impresión 3D e impresión sobre téxtil.

Escolleuse a figura dunha cooperativa para que, á marxe de obter os ingresos que puidesen axudar no financiamento dunha viaxe de fin de curso, a experiencia servise para ensinar ás rapazas e rapaces participantes os valores do emprendemento social e as metodoloxías de traballo requiridas para desenvolvelo con éxito, vencendo as dificultades da posta en marcha de iniciativas empresariais e permitindo adquirir coñecementos e competencias a partir de traballo real.

Cun investimento inicial de 100 euros (5 por cada alumno/a participante) a cooperativa espera rematar o curso cunha facturación aproximada de 3.000 euros, dos cales un 25% irá destinado á Cruz Vermella e o 75% restante servirá para sufragar a viaxe de fin de curso.

Páxinas suxeridas