Estás en:Emprego
Aptas para todos os públicos

Día das Bibliotecas 2026

O lema deste ano, "Sen profesionais non hai bibliotecas", quere poñer no centro ás persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un simple conxunto de recursos, andeis e espazos. As bibliotecas, como institucións democráticas, son un servizo esencial para a cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e coñecemento

Día das Bibliotecas 2026

Visitas guiadas polo Día da Biblioteca 

 23/10/2026 ás 12:00 h e ás 17:30 h. 15 prazas.

Reserva praza enviando un correo a biblioteca.info@dacoruna.ga ou chamando ao 981 415 176 co teu nome e apelidos e teléfono de contacto.

Mostra bibliográfica EMILIA PARDO BAZÁN NA BIBLIOTECA PROVINCIAL: 175 ANIVERSARIO

No vestíbulo da Biblioteca Provincial. De balde e aberto

Sumámonos aos actos da Coruña cun percorrido bibliográfico pola obra de Emilia Pardo Bazán que se encontra na BPDC e na EBIBLIODACORUNA para conmemorar o seu aniversario.

Ilustres bibliotecarios da Biblioteca Provincial

Homenaxe e recoñecemento ás persoas que exerceron de bibliotecarios na BPDC


#unsminutosnabd

Seguimos incorporando contidos nas nosas canles e redes sociais e nesta ocasión elaboramos un video con usuarias e usuarios da BPDC onde falan das bibliotecas como institucións democráticas; son un servizo esencial para a cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e coñecemento.

#Biblioclip

Especial #biblioclip adicado á historia das bibliotecas.

Presentación de Quen conduce o Estado. Arte, ideas, artistas e movementos que deron forma á vitoria do Estatuto de Galicia de 1936, de Iria-Friné Rivera

Día: 28/10/2026 ás 17:30 h

Lugar: Sala soto. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Rúa Rego de Agua, 37

Aberto ata completar a capacidade

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X