Estás en:Emprego
A deputada de Política Social, Mar García Vidal, participou na clausura desta actividade gratuíta, que forma parte dun programa provincial que este ano chega a sete concellos

A Deputación organizou en Ribeira un curso de defensa persoal feminina para aprender a previr e actuar ante situacións de risco ou agresión

A Deputación organizou en Ribeira un curso de defensa persoal feminina para aprender a previr e actuar ante situacións de risco ou agresión

A Deputación da Coruña celebrou hoxe no Complexo Deportivo da Fieiteira, en Ribeira, un novo seminario intensivo de defensa persoal feminina, unha iniciativa que busca proporcionar ás mulleres ferramentas prácticas para mellorar a súa seguridade, reforzar a confianza e aprender a reaccionar ante posibles situacións de risco ou agresión.

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, asistiu á clausura da actividade e participou na entrega de diplomas ás asistentes. Durante o acto, destacou a boa acollida da actividade e a utilidade práctica dos coñecementos adquiridos para a defensa persoal das mulleres.

O seminario, de carácter gratuíto e tres horas de duración, foi impartido por especialistas da Escola de Defensa Persoal HKF e combinou técnicas básicas de autoprotección con formación sobre prevención, xestión do medo e capacidade de resposta ante situacións de perigo.

Esta actividade forma parte da quinta edición do programa de defensa persoal feminina da Deputación da Coruña. Tras pasar por Dumbría, Vimianzo, Valdoviño, As Pontes e Ribeira, os seminarios continuarán nas próximas semanas en Padrón e Rianxo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X