Estás en:Emprego Novas

O PEL da Deputación financia a contratación de seis traballadores no Concello de Zas

Realizarán traballos de relacionados coa mellora dos servizos públicos municipais

O programa está destinado a desempregados/as con especiais dificultades para a integración laboral

O PEL da Deputación financia a contratación de seis traballadores no Concello de Zas

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar o anuncio do proceso selectivo para a contratación de seis traballadores para a realización de obras e mantemento dos servizos municipais, cuxos custos laborais e de seguridade social asume a Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de Emprego Local (PEL-Concellos) cunha achega de 34.000 euros, no caso de Zas.

O prazo de presentación de instancias é de cinco días a partir de hoxe. As bases do proceso de selección poden consultarse na web do Concello de Zas (www.concellodezas.org).

Os seis operarios seleccionados (un albanel oficial de 1ª e cinco peóns) realizarán traballos de relacionados coa mellora dos servizos públicos municipais. Estes traballos incluirán o mantemento e limpeza de espazos públicos, camiños, parques e xardíns, realización de obras de reparación en instalacións municipais ou recollida de residuos.

Destinado a desempregados/as con dificultades para a integración laboral

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.

Así mesmo, a Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Dentro destes colectivos, outorgaranse puntos extra a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

500 empregos cada ano ao abeiro do PEL- Concellos

Nos anos 2016 e 2017, a liña PEL-Concellos do Plan de Emprego Local facilitou a inserción laboral de 996 coruñeses e coruñesas con especiais dificultades para atopar un posto de traballo. Este ano, o goberno provincial aspira a crear arredor de 500 novos empregos , cun investimento de 2,8 millóns de euros, priorizando a inserción laboral das persoas con maiores dificultades.

Páxinas suxeridas