Estás en:Emprego Novas

O PEL crea 276 empregos nas pemes coruñesas e apoia a 120 emprendedores na mellora da súa competitividade

As distintas liñas do PEL crean máis de 1.000 empregos cada ano na provincia da Coruña

González Formoso destaca "a aposta da Deputación pola creación de emprego estable e de calidade" a través dun programa no que o 85 % dos contratos son de carácter indefinido

As contratacións en empresas do PEL-PEMES increméntanse nun 23% respecto ao ano pasado

A Deputación publica tamén as axudas do programa de investimentos do PEL-Emprende, que permitirán impulsar medidas de innovación, mellora de competitividade e internacionalización en 120 pemes da provincia

O PEL crea 276 empregos nas pemes coruñesas e apoia a 120 emprendedores na mellora da súa competitividade

A Deputación da Coruña impulsa este ano a creación de 276 empregos directos noutras tantas empresas da provincia da Coruña e apoia a 120 emprendedores na mellora da súa competitividade.

O BOP publica hoxe a listaxe das 184 pemes da provincia que recibirán axudas do Plan de Emprego Local (PEL-PEMES 2018) para a contratación de persoal. Unha cifra importante á que se suman as 92 empresas que xa accederon a estas axudas na convocatoria anterior e que acaban de renovar a subvención do PEL para seguir contando cos traballadores/as contratados durante un ano máis.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou "o éxito do programa, xa que a cifra supón un incremento do 23% con respecto ás contratacións do PEL-PEMES do ano pasado, o que amosa a consolidación do PEL como un instrumento útil para crear emprego na provincia e mellorar a competitividade das pequenas empresas coruñesas".

Un 85% de emprego indefinido

"Na Deputación apostamos por crear emprego estable e de calidade", apuntou González Formoso, que subliñou que o 85% das contratacións realizadas ao abeiro do PEL son de carácter indefinido e o 95% son a xornada completa. As tres liñas do Plan (PEL-PEMES, PEL-EMPRENDE e PEL-CONCELLOS) supoñen xa a creación de máis de 1.000 empregos directos cada ano na provincia da Coruña.

Así, cun importante esforzo inversor de 3,1 millóns de euros, a Deputación facilita que 276 persoas accedan a un posto de traballo noutras tantas empresas con sede nos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña.

A través desta liña do PEL, a Deputación financia ata o 75% dos custes salariais totais da persoa traballadora por un período de un ano, facilitando o acceso a un posto de traballo das persoas en situación de desemprego, especialmente no ámbito rural, e axudando a autónomos e pequenas empresas a medrar, ao poder aumentar a súa capacidade produtiva coa incorporación de máis persoal.

PEL-Emprende, medio millón para mellorar a competitividade

A Deputación da Coruña ven de publicar tamén no BOP de onte as 120 empresas beneficiarias da liñas de axudas PEL-Emprende destinadas a financiar 146 actividades orientadas ao fortalecemento do tecido empresarial coruñés.

Esta liña conta cun orzamento de preto de 520.000 € e supón unha aposta da entidade provincial por favorecer o desenvolvemento da innovación e a competitividade das pequenas empresas coruñesas, apoiándoas na posta en marcha de iniciativas de responsabilidade social corporativa, na implementación de plans de márketing e comunicación ou na posta de marcha de accións encamiñadas a impulsar a súa competitividade e expansión nacional e internacional.

Das 146 accións que apoiará o programa, 29 destinaranse á posta en marcha de iniciativas de Responsabilidade Social Empresarial: plans de igualdade de oportunidades, certificacións en xestión de calidade e xestión medioambiental, xestión de riscos e control da produción, accións de formación e capacitación do cadro de persoal, colaboracións con entidades sen ánimo de lucro, plans de actuacións internas, melloras laborais e sociais e innovación.

Un total de 88 empresas desenvolverán plans de márketing e comunicación, mentres que 29 entidades destinarán as axudas do PEL-Emprende a actuacións encamiñadas ao impulso da súa competitividade e expansión.

Un 37% iniciarán procesos de internacionalización

Un 24% das empresas con axuda concedida neste programa xa están a ofertar o seu produto/servizo no mercado internacional e o 37% iniciará con estas axudas a súa internacionalización.
En canto á distribución por comarcas das solicitudes concedidas, o 45 % das mesmas proveñen da comarca da Coruña, que acada un financiamento de 232.438,78€, o 17% da comarca de Santiago cun importe concedido total de 85.828,77 € e o 14% da comarca de Ferrol onde se financian 62.920,00 €. Seguen un 6% na comarca de Betanzos (33.5020,00€) e un 5% na comarca de Bergantiños (23.482,00€). As comarcas de Soneira, Barbanza e Noia agrupan cada unha delas o 2,5% do total das axudas concedidas, que supoñen 14.400,00€, 13.440,00€ e 11.788,80 € respectivamente e a comarca de Ordes que acada o 3,3% (14.495,29 €).

De entre os concellos de menos de 20.000 habitantes pódese destacar o de Bergondo, cun número de solicitudes concedidas (5), seguido de Betanzos, Sada, Valdoviño, Abegondo, Cee, Teo e Zas onde as solicitudes con orixe nas empresas situadas neses concellos acada practicamente o 100% das solicitudes presentadas.

No referente á tipoloxía das entidades que presentaron a súa solicitude a esta liña de axudas, o 61% son microempresas, seguido dos autónomos/as que acadan o 31% das axudas concedidas, un 11,7% de pequenas empresas e só un 1,7% de medianas empresas, polo que o compromiso de achegar axudas ao pequeno tecido empresarial do territorio rural aparece acadado.

PEL- PEMES SOLICITUDES DE CONTRATACIÓN CONCEDIDAS POR CONCELLO NO QUE SE SITÚA A EMPRESA E IMPORTES CONCEDIDOS

 

CONCELLO

IMPORTE CONCEDIDO

TRABALLADORES CONTRATADOS

Abegondo

27.000,00 €

2

Aranga

40.254,00 €

4

Arzúa

43.849,02 €

4

Baña (A)

28.500,00 €

3

Bergondo

66.667,98 €

5

Betanzos

52.656,25 €

4

Boimorto

24.318,51 €

3

Boiro

114.434,06 €

9

Boqueixón

8.919,42 €

1

Cabana de Bergantiños

26.012,06 €

3

Cabanas

22.500,00 €

2

Camariñas

49.500,00 €

4

Capela (A)

15.000,00 €

1

Carnota

15.000,00 €

1

Carral

13.500,00 €

1

Cedeira

5.940,00 €

1

Cee

116.784,67 €

10

Cerceda

8.319,48 €

1

Coirós

1.500,00 €

1

Cerdido

51.300,00 €

4

Corcubión

13.500,00 €

1

Curtis

118.000,00 €

11

Dodro

4.500,00 €

1

Dumbría

13.500,00 €

1

Fene

18.733,20 €

2

Fisterra

13.500,00 €

1

Frades

74.570,61 €

6

Irixoa

3.000,00 €

2

Laracha, A

1.500,00 €

1

Laxe

22.472,28 €

2

Lousame

10.125,00 €

1

Mazaricos

269.280,12 €

23

Melide

50.745,51 €

5

Mesía

24.330,21 €

3

Monfero

47.250,00 €

5

Muros

35.816,59 €

3

Muxía

5.585,37 €

1

Neda

15.000,00 €

1

Ordes

169.149,41 €

15

Oroso

96.591,56 €

7

Ortigueira

48.336,62 €

5

Outes

58.023,00 €

5

Oza-Cesuras

24.500,00 €

2

Paderne

29.958,70 €

3

Padrón

13.500,00 €

1

Pino (O)

42.000,00 €

3

Pobra do Caramiñal (A)

14.392,50 €

2

Ponteceso

10.331,33 €

1

Pontedeume

33.000,00 €

3

Pontes (As)

184.746,60 €

16

Rianxo

49.793,03 €

5

Rois

13.500,00 €

1

Sada

13.285,00 €

1

San Sadurniño

10.313,56 €

1

Santa Comba

229.038,23 €

18

Santiso

13.500,00 €

1

Sobrado

53.264,52 €

4

Somozas (As)

22.753,69 €

2

Teo

26.500,00 €

2

Toques

16.622,43 €

2

Touro

24.368,04 €

2

Trazo

104.063,25 €

10

Val do Dubra

39.608,55 €

3

Valdoviño

52.185,92 €

4

Vedra

47.500,00 €

4

Vimianzo

82.564,04 €

8

Zas

118.980,85 €

11

TOTAL

3.115.735,17 €

276

 

 

BALANCE DO PROGRAMA PEL-PEMES POR COMARCAS

 

COMARCA

CONCEDIDAS CRE/AMP

CONCEDIDAS MANT

TOTAL

A BARCALA

2

1

3

A CORUÑA

8

1

9

ARZÚA

9

3

12

BARBANZA

8

8

16

BERGANTIÑOS

5

2

7

BETANZOS

13

16

29

EUME

17

8

25

FERROL

5

6

11

FISTERRA

11

3

14

MUROS

3

1

4

NOIA

4

2

6

O SAR

2

1

3

ORDES

28

14

42

ORTEGAL

6

3

9

SANTIAGO

5

5

10

TERRA DE MELIDE

8

4

12

TERRA DE SONEIRA

15

8

23

XALLAS

35

6

41

TOTAL

184

92

276

 

**As relacións de empresas beneficiarias de ambas as dúas liñas do PEL pódense consultar no BOP

 

Páxinas suxeridas