Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña destina 455.000 euros para apoiar ás confrarías de pescadores da provincia

González Formoso destaca o apoio da Deputación a "un sector estratéxico, de gran importancia social e económica na provincia"

O BOP publica hoxe a concesión das subvencións destinadas a apoiar aos pósitos da provincia na contratación de persoal e na modernización dos procesos de produción e comercialización

A Deputación da Coruña destina 455.000 euros para apoiar ás confrarías de pescadores da provincia

A Deputación da Coruña destina este ano unha partida de 455.614,38 euros para apoiar a 31 confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia na contratación de persoal e na modernización dos seus procesos de produción e comercialización.

A resolución desta liña de axudas para a contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, alugueiro de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades ou contratación de servizos externos, como a vixilancia, publícase hoxe no Boletín Oficial da Provincia. As axudas oscilan entre os 3.600 e os 20.000 euros.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que con estas liñas de axudas da área de Promoción Económica, o goberno provincial quere seguir apoiando un "sector estratéxico, de gran importancia social e económica en Galicia e particularmente na provincia da Coruña, onde pesca e acuicultura dan emprego a preto de 10.000 traballadores e onde se concentra o 53% da pesca fresca da nosa comunidade".

 

Beneficiarios

Importe da  subvención

Beneficiario: AGRUPACIÓN DE MARISCADORAS DO ESTEIRO DO ANLLÓNS
Obxecto: FINANCIAMENTO DO SERVIZO DE GARDAPESCAS (CONSERVACIÓN E CONTROL) DA AGRUPACIÓN DE MARISCADORAS DO ESTEIRO DO RÍO ANLLÓNS

8.363,49€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE BARQUEIRO BARES
Obxecto: ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE AMEIXA XAPONESA

5.600,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS
Obxecto: AXUDA PARA GASTOS PERSOAL CONFRARÍA PESCADORES DE CAMARIÑAS PARA O ANO 2018

20.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAMELLE
Obxecto: IMPULSO FOMENTO PESQUEIRO EN CAMELLE : PERSOAL E GASTOS DE ACTIVIDADE

20.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE CARREIRA E AGUIÑO
Obxecto: FINANCIAMENTO GASTO PERSOAL

11.539,23€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE CEDEIRA
Obxecto: CONTRATACIÓN DE PERSOAL: CONFRARÍA DE PESCADORES DE CEDEIRA

15.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORME
Obxecto: GASTOS PERSOAL E CONTRATACIÓN SERVIZOS PROFESIONAIS INDEPENDENTES

9.198,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE FERROL
Obxecto: PARTE DOS SALARIOS E SEGURIDADE SOCIAL DE DÚAS TRABALLADORAS DESTA CONFRARÍA.

15.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DA CORUÑA
Obxecto: AXUDAS PARA PERSOAL ADMINISTRATIVO

20.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE LAXE
Obxecto: GASTOS DE PERSOAL DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE LAXE

17.500,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE LORBÉ
Obxecto: Soldos e salarios secretario

3.600,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE MALPICA
Obxecto: AXUDA PARA CUBRIR GASTOS DO PERSOAL CONTRATADO

20.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE MIÑO
Obxecto: PERSOAL ADMINISTRATIVO CONFRARÍA.

7.500,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS
Obxecto: COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS PESQUEIROS E MARISQUEIROS E DEFENSA DOS INTERESES PROFESIONAIS E ORIENTACIÓN DA NORMATIVA AOS AFILIADOS

17.500,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES NTRA.SRA.DE LAS ARENAS
Obxecto: A COMERCIALIZACIÓN NA LONXA DE FISTERRA

17.500,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES NUESTRA SEÑORA DEL CARMEN DE CARIÑO
Obxecto: SUBVENCIONAR PARTE DOS GASTOS DE PERSOAL DA LONXA E OFICINAS DA CONFRARÍA DE CARIÑO

15.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES VIRGEN DE LA BARCA
Obxecto: GASTOS PERSOAL CONFRARÍA

17.500,00€

Beneficiario: CONFRARÍA DE PESCADORES VIRGEN DEL CARMEN DE PONTEDEUME
Obxecto: CONTROL, XESTIÓN E MELLORA DA PRODUTIVIDADE DOS BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE PONTEDEUME ANO 2018

15.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES A POBRA DO CARAMIÑAL
Obxecto: CONTRATACIÓN DUN GARDAPESCA MARÍTIMO

5.693,66€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES DE CABO CRUZ
Obxecto: MELLORA DA ACTIVIDADE FUNCIONAL DA CONFRARÍA E DA LONXA DE CABO DE CRUZ

15.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES DE CORCUBIÓN
Obxecto: CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA AS CONFRARÍAS

12.500,00€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES DE ESPASANTE
Obxecto: Compra de semente de ameixa e pago da nómina do persoal administrativo da Confraría

7.500,00€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES DE LIRA
Obxecto: SUBVENCIÓN PARA PERSOAL LABORAL CONFRARÍA E LONXA PARA DESENVOLVEMENTO EFECTIVO DAS ACTIVIDADES

20.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES O PINDO
Obxecto: AXUDA DE PERSOAL PARA DESENVOLVEMENTO EFECTIVO DA ENTIDADE.

19.720,00€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SAN ANDRES
Obxecto: AXUDAS A SUFRAGAR PARTE DO GASTO DE PERSOAL DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE PORTOSÍN

20.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SAN BARTOLOMÉ DE NOIA
Obxecto: PERSOAL CONFRARÍA

20.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SAN PEDRO SANTA E.RIBEIRA
Obxecto: CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA DAR SERVICIO E COMERCIALIZAR OS PRODUTOS DOS SOCIOS DA CONFRARÍA DE RIBEIRA

15.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SAN TELMO DE MUGARDOS
Obxecto: SALARIO E SEGURIDADE SOCIAL DE DOUS TRABALLADORES ADMINISTRATIVO OFICINA E DE LONXA.SEGURIDADE SOCIAL DE DOUS GARDAPESCAS

15.000,00€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SAN TELMO PORTO DO SON
Obxecto: CONTRATACIÓN DE SERVIZOS PROFESIONAIS INDEPENDENTES TÉCNICO-ADMINISTRATIVOS, CONTRATACIÓN DE DOUS GARDAPESCAS MARÍTIMOS PARA VIXILANCIA DAS ZONAS MARISQUEIRAS, MATERIAL NON INVENTARIABLE

14.400,00€

Beneficiario: CONFRARÍA PESCADORES SANTIAGO APOSTOL
Obxecto: ACTIVIDADES DE OFICINA DA CONFRARÍA DE BARALLOBRE 2018

20.000,00€

Beneficiario: PÓSITO DE PESCADORES DE RIANXO
Obxecto: AXUDA PERSOAL DE CONFRARÍA

15.000,00€

 

Páxinas suxeridas