Estás en:Emprego Novas

O Plan de Emprego da Deputación financia a contratación de 14 traballadores no Concello das Pontes

O BOP publicou as bases do programa PEL-Concellos para a selección de nove peóns, tres limpadores/as e 2 tractoristas

O Plan de Emprego da Deputación financia a contratación de 14 traballadores no Concello das Pontes

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte as bases do proceso selectivo para a contratación temporal de 14 traballadores/as no Concello das Pontes. As prazas corresponden a nove peóns, dous limpadores/as e dous tractoristas, cuxos custos laborais e de Seguridade Social asume a Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos).

Os catorce operarios seleccionados realizarán obras e traballos de acondicionamento e mellora de diversas infraestruturas titularidade municipal. Estes traballos incluirán o mantemento de camiños e vías de acceso municipais a distintos núcleos de poboación do concello, a limpeza de cunetas, instalación de sinais, pintado dos pasos de peóns, mantemento de beirarrúas, rede de saneamento e alumeado público ou a reparación de parques públicos, áreas recreativas e instalacións deportivas.

Destinado a desempregados/as con dificultades para a integración laboral

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.

Así mesmo, a Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Dentro destes colectivos, outorgaranse puntos extra a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X