Estás en:Emprego Novas

O Pazo de Arenaza reunirá mañá xoves a profesionais independentes para celebrar o #FreelancersDay

Autónomos e profesionais freelance teñen unha cita para celebrar o día do traballo independente

O centro de coworking oleirense súmanse a unha iniciativa que se celebra en máis de dez espazos de traballo de toda España

O Pazo de Arenaza reunirá mañá xoves a profesionais independentes para celebrar o #FreelancersDay

O Pazo de Arenaza acolle mañá xoves, 4 de xullo, o #FreelancersDay con motivo da celebración do día do traballo independente.

Esta iniciativa organízase na súa edición coruñesa no propio Pazo de Arenaza e está dirixida a todas aquelas persoas que exerzan a súa actividade laboral de forma independente.

A xornada consistirá nun intercambio de coñecementos e ideas e nunha aprendizaxe a través das experiencias das persoas asistentes e das relatoras convidadas, mediante talleres, charlas e píldoras formativas. As persoas interesadas en asistir a este evento poden conseguir a súa entrada na páxina coruna.freelancersday.net.

O programa para o #FreelancersDay é o seguinte:
09:30-Apertura de Portas
10:00-Ana Belén Muñiz - Regras do Xogo coa Seguridade Social e Facenda
10:30-Edu Rubianes - Potencia o teu negocio grazas á túa Marca Persoal
11:00-Angélica Vidal - A túa marca vende
11:25-Coffee Break
12:00-Patricia París - Innovación e Emprendemento
12:30-Manolo Rodríguez - Eu non quería ser xerador de contidos pero obrigáronme
13:00- Haizea de Pedro - Living la Vida Freelance ou por que son Nómade Dixital
13:30-Trivial Freelance
14:00- BeerWorking: Picoteo networking
17:00-Paddle Surf en Santa Cristina: como actividade complementaria organizouse unha sesión de paddle surf para todos os asistentes interesados.

Esta iniciativa está impulsada polo espazo de coworking workInCompany e estarase celebrando en máis de dez espazos de traballo de toda España, de Santiago, Madrid, Mallorca, Ibiza, Alicante, Sevilla, Málaga e Cádiz. En todas as sedes se tratarán un conxunto de temáticas clave transversais para todas as persoas profesionais independentes a través das cales poidan formarse, aprender das experiencias doutros/as freelancers e facer contactos entre eles, ao tempo que analizan e comparten opinións sobre os novos escenarios, os riscos e as oportunidades que afrontan.

As temáticas a tratar abordan cuestións coma os primeiros pasos e os trámites legais para emprender, a xeración de contidos ou o posicionamento da marca.

Esta primeira edición pretende activar as diferentes comunidades locais de traballadores independentes e xerar un punto de encontro e reflexión.

Páxinas suxeridas
Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X