Estás en:Emprego Novas

O espazo de traballo colaborativo do Pazo de Arenaza organiza o Digital Transformation Day

O espazo de traballo colaborativo do Pazo de Arenaza organiza o Digital Transformation Day

O Pazo de Arenaza acollerá o vindeiro xoves 26 de setembro durante toda a mañá, o Digital Transformation Day, un evento organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e enmarcado dentro dos Tech Days de Arenaza, no que varios relatores falarán da transformación dixital e as tecnoloxías da industria 4.0 implicadas.

Durante toda a xornada, afondarase nas tecnoloxías máis punteiras e como poden aplicarse para ter beneficio nas empresas. Trataranse temas tan diversos como actuais, como son o gran volume de datos(big data), a ciberseguridade, base de datos compartida (blockchain), a realidade aumentada e a intelixencia artificial. O evento é gratuíto e está aberto a todas as persoas interesadas, podendo inscribirse cubrindo o formulario que figura na páxina do web Pazo de Arenaza e ao que se pode acceder premendo na seguinte ligazón: https://arenaza.pel.gal/gl/events/view/1126054936/tech-days

O programa da xornada estruturarase da seguinte maneira:

· 09:00 - O Big Data, por Guillermo López Taboada

CEO e Co-fundador de Torusware, empresa que desenvolve solucións tecnolóxicas Big Data e DeveOps. Ademais, é profesor asociado de Enxeñería Informática na Universidade da Coruña.

· 10:00 - Ciberseguridade, por Rafael Villaverde

CEO de Infonet, empresa dedicada a servizos e solucións TIC e especialistas en soporte técnico, transformación dixital e ciberseguridade.

· 11:00 - Café

· 11:30 - Blockchain, por Daniel Cerqueiro

Experto en Marketing e Transformación Dixital, é CMO e Director de Procesos en Docuten, empresa con sede na Coruña e Madrid que proporciona servizos de firma dixital, factura electrónica e cobros, automatizando o ciclo de documentos de negocio.

· 12:30 - Realidade Aumentada, por Xoel Vázquez

CEO de Xoia Software Development, empresa arraigada no sector da realidade aumentada e virtual que desenvolve produtos para todos os sectores.

· 13:30 - Intelixencia Artificial, por Eduardo San Miguel

Con máis de quince anos de experiencia en diversos sectores, é experto en Business Intelligence e Big Data. Actualmente encárgase da área de Intelixencia Artificial en Barkibu.

· 14:30 - Creación de redes de contactos (Networking)

O Pazo de Arenaza é un espazo de traballo colaborativo (coworking) posto en marcha pola Deputación Provincial da Coruña no marco do seu Plan de emprego local (PEL). O seu funcionamento como espazo de traballo colaborativo comezou o pasado mes de abril e actualmente mantén todos os postos de traballo ocupados. Non obstante, o proceso para a presentación de solicitudes de acceso ao espazo encóntrase permanentemente aberto, xa que, no caso de recibirse novas solicitudes abrirase unha listaxe de espera. As intrucións de acceso pódense consultar na web do Pazo https://arenaza.pel.gal/gl como na web do Plan de emprego local: https://pel.gal/

Se quere recibir máis información sobre o Pazo de Arenaza ou sobre o evento Digital Transformation Day pode solicitala tanto por correo electrónico dirixíndose aos enderezos arenaza@pel.gal ou coelgio@icoiig.es ou directamente chamando ao espazo de coworking, teléfono 881 022 544.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X