Estás en:Emprego Novas

Públicación do importe do canon de tratamento dos residuos domésticos 2020

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2020 pola que se fai público o importe do canon unitario de tratamento por tonelada de residuos domésticos que deberá aplicar a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) para o ano 2020, así como a bonificación aplicable para o dito ano.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200123/AnuncioG0532-150120-0006_gl.pdf

Facer público o importe do canon unitario por tratamento de residuos domésticos aplicable durante o ano 2020, no marco do sistema promovido pola Xunta de Galicia para a xestión institucional dos residuos de competencia municipal e xestionado pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama), que se fixa na suma de 69,83 euros por cada tonelada de residuos domésticos xestionada, máis o incremento correspondente ao imposto sobre o valor engadido.

Establecer e facer público o mantemento durante o ano 2020 do canon bonificado establecido para o ano 2019 por importe de 62,93 euros por cada tonelada de residuos domésticos xestionada máis o incremento correspondente ao imposto sobre o valor engadido. O dito canon bonificado será de aplicación a aquelas entidades locais que cumpran no ano 2019 as condicións específicas establecidas nese número tres bis da disposición adicional vixésimo primeira da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, e cumpran igualmente no ano 2020 as condicións establecidas nela.

Para aquelas entidades que non soliciten a aplicación do canon bonificado no ano 2019, ou ben, téndoo solicitado, non cumprisen os requisitos establecidos na Lei para o seu mantemento, poderán solicitar a súa aplicación para o ano 2020, que será efectiva sempre que cumpran as condicións específicas establecidas nese número tres bis da disposición adicional vixésimo primeira da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X