Estás en:Emprego Novas

O PEL Concellos da Deputación crea 87 empregos nos concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

Concellos coma As Pontes, Vadoviño, Moeche e San Sadurniño xa abriron os procesos de selección do persoal

O PEL Concellos da Deputación crea 87 empregos nos concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

O programa PEL- Concellos da Deputación da Coruña creará este ano 87 empregos nos municipios das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, cun investimento próximo aos 646.000 euros.

Concellos da zona coma As Pontes, Valdoviño, Moeche e San Sadurniño xa publicaron as bases ou comezaron os procesos de selección do persoal, que se encargará da prestación de servizos municipais básicos ou mantemento de infarestruturas, en función das necesidades concretas de cada localidade.

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego.

Destinado a persoas con dificultades de inserción laboral

Resulta destacable o carácter social destas axudas, xa que a Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Dentro destes colectivos, outorgaranse puntos extra a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Os concellos recibirán entre 19.000 e 52.000 euros

Os importes da subvención que han recibir os concellos varía en función da porcentaxe de persoas desempregadas coas que conta cada municipio, oscilando as contías  entre os 19.000 e os 52.000 euros. Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios coruñeses poderán financiar os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal, ademais dos derivados das indemnizacións de fin de contrato e os correspondentes aos cursos de formación en materia de riscos laborais que deban realizar as persoas contratadas segundo a lexislación laboral vixente.

Os operarios e operarias, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza de rúas, estradas e espazos públicos, mantemento da rede de sumidoiros e alumeado público, melloras nos accesos aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños ou mantemento de parques e xardíns públicos.

Concello

Empregos

 

Investimentos

A Capela 

3

22.000 €

Ares

8

43.000 €

As Pontes 

8

46.000 €

Cabanas

3

30.995,49 €

Cariño

3

34.000 €

Cedeira

4

43.000 €

Cerdido

3

22.000 €

Fene

7

52.000 €

Ferrol

0

0

Mañón

5

22.000 €

Moeche

2

19.000 €

Monfero

2

25.000 €

Mugardos

5

43.000 €

Narón

0

0

Neda

6

40.000 €

Ortigueira

9

40.000 €

Pontedeume

4

45.942,68

San Sadurniño 

3

28.000 €

As Somozas

4

25.000 €

Valdoviño

5

43.000 €

Vilarmaior

3

22.000 €

 

87

645.938,17 

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X