Estás en:Emprego Novas

González Formoso pon á emigración galega como “exemplo de superación” na inauguración do congreso “Lo que de verdad importa”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, puxo á emigración galega como "exemplo de superación" na inauguración dunha nova edición do Congreso "Lo que de verdad importa", que durante a xornada de hoxe acolle o Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña.

González Formoso pon á emigración galega como “exemplo de superación” na inauguración do congreso “Lo que de verdad importa”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, puxo á emigración galega como "exemplo de superación" na inauguración dunha nova edición do Congreso "Lo que de verdad importa", que durante a xornada de hoxe acolle o Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña.

Ante un auditorio con máis de 1.500 mozos e mozas de toda a provincia reunidos para escoitar as historias de superación persoal de Carmen Cordón, Leticia Martínez Alcocer e Toñejo Rodríguez, o presidente da Deputación remarcou que "estamos nun sitio emblemático para falar de valores, pois de aquí partiron barcos cargados de galegos que emigraron a todos os recunchos do mundo"

"Neses barcos había historias de frustración, de xente que tivo que deixar aquí toda a súa vida, incluso aos seus fillos, para gañar un sustento co que puidese saír adiante a súa familia. Esas xentes son exemplos de superación", afirmou Valentín González, que apuntou que boa parte do desenvolvemento actual do mundo rural "débese ao esforzo" dos emigrantes.

Neste sentido, citou a importancia que tiveron as múltiples escolas levantadas cos cartos dos emigrantes "que foron conscientes da diferenza que marcaba a educación" e das "oportunidades" que podían outorgar ás novas xeracións de galegos.

No acto inaugural participaron tamén a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, e a directora de Xuventude da Xunta de Galicia, Celia Vázquez, ademais da directora do congreso, María Franco.

Felipa Jove destacou a importancia de "manter o equilibrio, seguir adiante e non renderse ante os obstáculos da vida" e gabou a traxectoria dos tres relatores de hoxe como "modelos de espírito de loita e superación" e "exemplos da actitude que todos deberíamos ter no noso día a día".

Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Celia Vázquez, considerou que "o valor, a valentía, o compromiso e o talento son o que nos coloca nun futuro sendo capaces de enfrontar as adversidades que se presenten" a animou aos mozos a "loitar" pese a atravesar "tempos difíciles".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X