Estás en:Emprego Novas

A Deputación convoca o Premio Rosalía de Castro de Língua cunha nova categoría para o traballo destinado a infancia e mocidade

O Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña modifica as súas bases para incluír unha nova categoría destinada a recoñecer persoas ou entidades que traballen para a normalización da lingua na infancia e a mocidade. O premio recupera a especialización do perfil para o que fora inicialmente creado, restrinxindo o seu ámbito á promoción específica da lingua galega. O prazo de presentación das candidaturas remata o 30 de xuño.

A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, dirixida pola vicepresidenta Goretti Sanmartín, desdobra o Premio Rosalía de Castro para incorporar unha nova categoría destinada a recoñecer aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que realice un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade. O premio está dotado con 2.500 €, igual cantidade que para a outra categoría, da que resultará gañadora a persoa ou entidade que destaque na promoción da lingua galega.

O obxectivo do Premio Rosalía de Castro é recoñecer iniciativas, traballos ou traxectorias -individuais ou colectivas- comprometidas "coa promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico".

"Quixemos incluír a modalidade do traballo destinado ás idades temperás porque é aí onde se xoga o futuro da lingua e é tamén un tramo de idade desatendido canto a promoción da lingua a nivel oficial, como vemos, por exemplo, na desaparición do galego nas escolas infantís das cidades", explicou a nacionalista Goretti Sanmartín, responsábel da área de Normalización Lingüística da Deputación.

O xurado valorará a tarefa continuada desenvolvida a favor da promoción da lingua, actuacións concretas no ano, campañas, uso do galego, contribución á galeguización de sectores de especial relevancia ou labor dirixido aos tramos de poboación de menor idade, infancia e mocidade.

O prazo de presentación de candidaturas comeza este xoves día 17 de marzo e remata o 30 de xuño.

As solicitudes téñense que presentar no Rexistro Xeral da Deputación da Coruña, Avda. Do Porto 2, 15006 A Coruña ou no enderezo normalizacion.linguistica@dacoruna.gal. É preciso cubrir o modelo que se atopa xunto coas bases da convocatoria no BOP: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/03/16/2016_0000001947.pdf

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X