Estás en:Emprego Novas

Ana Belén Tajes unirá en Irlanda melodías en galego e gaélico na residencia artística do proxecto Tosta de Donostia Capital Cultural

A creación dun cancioneiro de melodías en gaélico e galego relacionadas co mar é o proxecto co que Ana Belén Tajes convenceu o xurado para ser a beneficiaria da residencia artística en Irlanda que a Deputación da Coruña convoca dentro do proxecto de intercambio cultural e lingüístico Tosta de Donostia Capital Cultural Europea.

Un xurado composto por Magín Blanco, Ugía Pedreira, Xavier Campos e a responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín, como presidenta, escolleu a proposta da música Ana Belén Tajes García como gañadora para a residencia artística de cinco semanas en Irlanda, dentro do proxecto Tosta Cultural Cargo, un programa de intercambio lingüístico e cultural entre nacións con linguas minorizadas que forma parte da programación de Donostia Capital Cultural.

Ana Belén Tajes unirá en Irlanda melodías en galego e gaélico na residencia artística do proxecto Tosta de Donostia Capital Cultural

A creación dun cancioneiro de melodías en gaélico e galego relacionadas co mar é a proposta coa que Ana Belén Tajes convenceu o xurado para ser a beneficiaria da residencia artística en Irlanda que a Deputación da Coruña convoca dentro do proxecto de intercambio cultural e lingüístico Tosta de Donostia Capital Cultural Europea.

Un xurado composto por Magín Blanco, Ugía Pedreira, Xavier Campos e a responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín, como presidenta, escolleu a proposta da música Ana Belén Tajes García como gañadora para a residencia artística de cinco semanas en Irlanda, dentro do proxecto Tosta Cultural Cargo, un programa de intercambio lingüístico e cultural entre nacións con linguas minorizadas que forma parte da programación de Donostia Capital Cultural.

Ana Belén Tajes presentou como proxecto a creación dun cancioneiro de melodías en gaélico e galego relacionadas co mar, tendo en conta a conexión dos dous pobos mariñeiros co caladoiro do Gran Sol. O plan de traballo para as cinco semanas de estadía en Irlanda centrarase así na recompilación de melodías e na creación dunha nova que conteña as dúas linguas con idea de publicar un audiolibro ou un formato similar para a súa exposición e escoita.

A comisión avaliadora destacou o "interese específico do seu proxecto por canto parte do patrimonio musical galego e irlandés, promove o intercambio e a relación musical entre ambas culturas e se desenvolve a partir dun concepto singular: o da música mariñeira".

Entende o xurado que optou pola candidatura de Ana Belén Tajes que o seu proxecto "permite xerar un pouso de coñecemento e creatividade a desenvolver a partir del e non se limita a unha acción puntual, senón que parte dunha perspectiva máis ampla e xeral e con vocación de continuidade".

Nacida na Arxentina e residente en Oleiros, Ana Belén Tajes dedícase profesionalmente á música, ámbito no que traballa dende hai máis de 10 anos, en especial en escolas de música e centros de ocio infantil. Con formación en música e baile tradicional galego, Ana Belén Tajes toca a gaita e diferentes instrumentos de percusión tradicional, ademais de colaborar en varias formacións de jazz e música negra, como o coro feminino Sisters in the House da Coruña. Cursou musicoterapia na Universidade de Alcalá de Henares.

Filla de mariñeiro, confesa que sempre lle fascinou a conexión entre Galiza e Irlanda a través do mar e que agora sinte que esta viaxe de cinco semanas pode ser unha oportunidade para ampliar horizontes musicais e continuar a súa formación.

De Galiza a Irlanda e de Gales a Galiza

Se Ana Belén Tajes García partirá en breve para Irlanda, a artista galesa Luned Rhys Parri está xa a crear nova obra na Coruña polo intercambio promovido no marco do proxecto Tosta. Neste caso, Luned Rhys Parri ten intención de se achegar á paisaxe e á cultura galegas e de deixar pegada delas na súa obra, en especial, nas ilustracións en 3D que está a elaborar nas que, segundo sinalou, quere, entre outras cousas, incluír a cerámica de Sargadelos, coa que se mostra impresionada.

O proxecto Tosta Cargo é a embaixada itinerante do Faro das Voces, un dos tres eixos nos que se articula o programa de Donostia Capital Europea da Cultura 2016. Tosta Cargo preséntase como un proxecto de colaboración entre axentes culturais das comunidades lingüísticas minoritarias do Eixo Atlántico no que participan Gales, Escocia, Irlanda, Frisia, Cornualles e o País Vasco, ademais da cultura e a lingua galegas por medio da participación da Deputación da Coruña e sa Mesa pola Normalización Lingüística.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X