Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña súmase á Hora do Planeta

A Deputación da Coruña apagará esta noite, entre as 20.30 e as 21.30 horas, a iluminación interior e exterior do Pazo Provincial para sumarse á iniciativa A Hora do Planeta, promovida por WWF como unha acción de sensibilización global contra o cambio climático.

Con este pequeno xesto, a institución provincial quere mostrar o seu compromiso medioambiental xunto con máis de 500 institucións e empresas de toda España.

Un compromiso que se aplica, no día a día, co financiamento de proxectos de mellora da eficiencia enerxética nos Concellos e de fomento das enerxías renovables no ámbito municipal, nos que a Deputación investiu, a través dos distintos plans, preto de 4 millóns de euros no último ano.

A institución provincial está a impulsar ademais a actividade da FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña), que lle presta apoio e orientación a aqueles municipios que desexen reducir o seu consumo eléctrico.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X