Estás en:Emprego Novas

O presidente da Deputación insta ás administracións a “realizar un sobresforzo” para “revitalizar a comarca de Ortegal”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou hoxe que a comarca do Ortegal "necesita dun sobresforzo" por parte de todas as administracións para "revitalizar" a zona e "dar unha oportunidade" ás persoas que residen e traballan nestes municipios. "Os indicadores demográficos, económicos e de infraestruturas son os que son e, polo tanto, se queremos darlle a volta a esta situación, temos que facer un pequeno sobresforzo por parte de todos", apuntou.

González Formoso fixo estas declaracións durante a visita institucional que realizou aos concellos de Mañón e Ortigueira, na que explicou que a Deputación está "concentrado o seu esforzo inversor" nos municipios de menos de 20.000 habitantes, nos que o apoio provincial "ten máis sentido", e debullou as liñas fundamentais dos diferentes plans de apoio aos concellos que impulsa a institución provincial como o POS, o PAS, o PAI, ou PEL (Plan de Emprego Local), que supoñen investimentos por máis de 100 millóns de euros en toda a provincia, dos que 16 recaen na comarca de Ferrolterra-Ortegal.

Valentín González cifrou en 1,5 millóns de euros as achegas que a Deputación realizou nos últimos meses ao Concello de Ortigueira a través destes plans con criterios obxectivos, que permiten ademais aos concellos decidir o destino final dos fondos e priorizar os investimentos en función das súas necesidades.

Durante a súa intervención no salón de plenos do Concello de Ortigueira, ante os membros da Corporación presidida por Juan Penabad, o presidente provincial subliñou a especial importancia que terá para a localidade o novo Plan de Emprego Local (PEL), que "triplica" a cantidade que viña percibindo o municipio, pasando dunha asignación de 11.400 o ano pasado aos 37.000 € de 2016. O mesmo sucede no municipio de Mañón que pasa dunha asignación de 7.650 € a 22.000 euros neste exercicio.

"Sabemos que estas achegas non resolven o problema do paro pero cremos que supoñen un grao de area que se aporta dende unha institución que está lendo os problemas sociais. O problema que máis preocupa á sociedade é o paro, por iso imos a destinar 30 millóns de euros dende a Deputación co obxectivo de xerar entre 2.800 e 3.000 novos postos de traballo ata 2019", apuntou González Formoso.

Pola súa banda, o alcalde de Ortigueira e deputado provincial Juan Penabad, agradeceu ao presidente a súa visita para "coñecer a realidade do municipio" e destacou a "estreita colaboración" que existe coa Deputación co obxectivo de "mellorar a calidade de vida da xente de Ortegal".

"Son moitas as vías nas que a Deputación nos apoia", afirmou o rexedor, que citou entre elas, ademais dos diferentes plans provinciais, o apoio a entidades como Aspromor ou a eventos como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, que supón unha importante inxección económica e unha excelente promoción turística para a localidade e a comarca, polo que a Deputación manterá o seu apoio económico para a celebración do mesmo.

Tras a recepción no Concello, Juan Penabad e Valentín González visitaron tamén o mercado da localidade, unha antiga cárcere convertida en praza de abastos, da que o Goberno local quere "facer un referente na venda de produtos de proximidade" que dea oportunidades ao mundo rural.

Visita a Aspromor

Ambos dirixentes desprazáronse despois ata a sede de Aspromor, onde visitaron as instalacións da futura residencia e centro de día para persoas con discapacidade intelectual dos municipios de Ortigueira, Cariño, Mañón e Cerdido, cuxas obras de construción e equipamento están case rematadas.

Acompañados polo presidente da entidade, Fernando Nieto, e pola xerente, Victoria Lamelas, o alcalde de Ortegl e o presidente da Deputación percorreron as instalacións do novo edificio, que supuxo un importante investimento de máis de 1,8 millóns de euros dos que a Deputación achegou 491.000 €.

Durante a visita, González Formoso comprometeuse a axilizar unha última achega da Deputación, por importe de 40.000 euros, destinada a habilitar dous espazos esenciais como a zona de cociña e lavandería.

Fernando Nieto agradeceu a presenza do presidente provincial e a contribución da institución á construción e equipamento do centro, que dará servizo a 21 persoas no centro de día e 28 na residencia e afirmou que Aspromor ultima os trámites para a posta en marcha definitiva do mesmo.

Visita a Mañón

Antes da visita institucional a Ortigueira, o presidente provincial visitou tamén o Concello de Mañón, onde ser reuniu co alcalde, Alfonso Balseiro, e cos membros da corporación municipal.

Formoso explicou os plans de Deputación dos que se beneficia o municipio, que supuxeron ata agora investimentos por importe de 636.423 euros e escoitou as demandas da corporación local con respecto aos problemas da ría do Barqueiro e á necesidade de melloras na estrada que une esta localidade coa das Pontes.

Páxinas suxeridas