Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña aproba axudas por máis de medio millón de euros para apoiar o sector primario da provincia

O ente provincial publica hoxe no BOP a concesión provisional de 114.740,80 euros a 31 entidades agrarias e labregas para a adquisición de equipamento e mellora de infraestruturas.

Tamén se publica a concesión definitiva dos 445.996,40 euros destinados a 30 confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras para a contratación d persoal e modernización dos seus procesos de produción e comercialización

A Deputación da Coruña aproba axudas por  máis de medio millón de euros para apoiar o sector primario da provincia

A área de Promoción Económica da Deputación da Coruña destina este ano máis de 1 millón de euros en axudas para apoiar o sector primario da provincia coruñesa.

Parte destas axudas publícanse hoxe no BOP, que supoñen o apoio a 31 entidades agrarias e labregas para a adquisición de equipamento e mellora de infraestruturas e a 30 confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras para a contratación de persoal e a modernización dos seus procesos de produción e comercialización.

O ente provincial publica hoxe, 4 de novembro, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional das axudas ao sector da agricultura, no que investirá 114.740,80 euros. As subvencións, que beneficiarán a un total de 31 entidades agrarias e labregas, están orientadas ao fomento do sector primario e permitirán adquirir equipamento e mellorar infraestruturas, "impulsando a actividade dun sector chave como é o agrario ou o lácteo na economía coruñesa", afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso. As axudas oscilan entre un mínimo de 1.400 euros e un máximo de 7.400 euros.

Tamén se publica hoxe no BOP a concesión definitiva das subvencións para apoiar a 30 confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia na contratación de persoal e na modernización dos seus procesos de produción e comercialización, para o que investirá un total de 445.996,40 euros.

González Formoso destacou que as axudas permitirán "apoiar a un sector de grande importancia social e económica na provincia e en toda Galicia", destacando tamén que unha parte destes fondos contribúen a manter e crear emprego no sector pesqueiro e marisqueiro coruñés.

Contratación e mantemento de persoal, mellora da produción e da comercialización de produtos, servizos de vixilancia, gardapesca e control, adquisición de sementes de moluscos ou o impulso da pesca costeira artesanal e do marisqueo a flote, son algunhas das accións nas que se investirá a través desta liña de subvencións. As axudas oscilan entre os 3.703 euros e os 18.000 euros.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X