Estás en:Emprego Novas

A Deputación encarga un estudo sobre o impacto económico da COVID-19 na provincia da Coruña

Analizará as consecuencias da pandemia no emprego e no tecido empresarial da provincia, así como as medidas adoptadas pola Deputación e por outras administracións para paliar os seus efectos

A Deputación encarga un estudo sobre o impacto económico da COVID-19 na provincia da Coruña

A Deputación da Coruña ven de sacar a licitación por 14.520 euros a realización dun estudo sobre o impacto que está a ter a COVID-19 no emprego e no tecido empresarial de toda a provincia.

O obxecto deste estudo é analizar o impacto da crise orixinada pola COVID-19 no tecido empresarial e no mercado de traballo, identificar as principais actividades e colectivos afectados e analizar as medidas adoptadas polas institucións públicas en xeral e pola Deputación en particular para combater esta crise.

Ademais, tamén se proporán medidas adicionais e complementarias para abordar esta crise e o estudo incluirá un benchmarking sobre as medidas adoptadas noutros territorios, que podan ser susceptibles de ter utilidade na provincia da Coruña.

O obxectivo é realizar un diagnóstico adecuado das consecuencias económicas da pandemia que está a ocasionar a pandemia na provincia da Coruña e o alcance das medidas que a Deputación está implementando para paliar as súas consecuencias, con accións coma o apoio á contratación de 280 profesionais nos servizos sociais dos concellos, o reforzo do servizo de Teleasistencia, a inclusión dunha partida específica no Plan Único 2020 para apoiar aos concellos nos gastos derivados da pandemia, o incremento dos programas de creación de emprego de PEL, que supuxeron duplicar o investimento con respecto ao ano pasado, a creación dun plan específico dun plan de apoio a autónomos e microempresas afectados pola Covid-19 por importe de 12,5 millóns de euros ou os 3 millóns cos que a Deputación contribuirá a apoiar os programas de reactivación post-covid das cidades da Coruña, Ferrol e Santiago.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X