Estás en:Emprego Novas

O PEL Reactiva distribúe en Melide 118 axudas a autónomos e microempresas, cun importe total de 218.500 euros

O PEL Reactiva distribúe en Melide 118 axudas a autónomos e microempresas, cun importe total de  218.500 euros

Un total de 118 persoas autónomas e microempresas do concello de Melide recibirán financiamento a través das axudas do programa PEL Reactiva, financiado nun 80% pola Deputación da Coruña e nun 20% polo municipio.

O Concello de Melide vén de publicar o anuncio coa resolución provisional desta liña de axudas, que ascende a 218.500 euros na localidade, e que se distribuirán en 118 axudas de entre 1.500 e 3.000 euros para paliar as consecuencias económicas da pandemia no último ano.

A listaxe pode consultarse na web do Concello de Melide

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X