Estás en:Emprego Novas

Muros contrata 7 peóns albaneis a través do PEL-Concellos da Deputación, que achega 92.000 euros ao municipio

A Deputación duplica o orzamento deste programa, que alcanza este ano os 6 millóns de euros, para impulsar o emprego e paliar os efectos da crise xerada pola covid-19 na provincia.

Muros contrata 7 peóns albaneis a través do PEL-Concellos da Deputación, que achega 92.000 euros ao municipio

O Concello de Muros abre o proceso para contratar a sete peóns albaneis a través do PEL-Concellos da Deputación da Coruña. As persoas interesadas poderán presentar as súas propostas nun prazo de 10 días hábiles contados desde mañá, 11 de febreiro.

O Concello anuncia a selección de sete peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos municipais. As tarefas que han desenvolver serán as propias dos peóns de albanelería, carpintería, fontanería e electricidade e a duración dos convenios será de 8 meses mediante a modalidade de contratación por obra ou servizo.Esta selección realizarase con cargo á subvención PEL-Concellos Reactiva 2021, a través da que a Deputación achega 92.000 euros ao Concello de Muros.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes preferentemente a través da sede electrónica do Concello ou no rexistro xeral en horario de 09:00 a 14:00 horas.

O deputado responsable da área de Emprego, José Ramón Rioboo, destacou que este ano o ente provincial duplicou o investimento para este programa, co obxectivo de contratar ao dobre de xente, destinando 6 millóns de euros para crear 900 postos de traballo nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes. "Unha medida extraordinaria que busca impulsar o emprego e paliar as consecuencias da crise derivada da pandemia. As axudas enfócanse á contratación de persoas pertencentes a colectivos con maiores dificultades para atopar traballo, afirmou Rioboo.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X