Estás en:Emprego Novas

A Deputación financia a creación de 593 postos de traballo nos concellos este ano

"Con 6 millóns de euros de orzamento en 2021, PEL Concellos é o maior programa de creación de emprego municipal impulsado por unha administración local en Galicia e ofrecerá unha oportunidade laboral a preto de 600 persoas nun contexto social e económico tan difícil coma o actual"

O Goberno provincial duplicou este ano o orzamento do programa PEL-Concellos Reactiva para paliar as consecuencias da Covid-19

Os municipios de menos de 20.000 habitantes reciben entre 38.000 e 104.000 euros para a contratación de persoal

Como novidade, as persoas contratadas poderán prestar servizos de protección da salubridade pública e de conservación, mantemento e vixilancia de centros educativos

A Deputación financia a creación de 593 postos de traballo nos concellos este ano

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP a resolución de concesión das axudas do programa PEL-Concellos, que na anualidade 2021 destinará o dobre de fondos con respecto ás convocatorias dos anos anteriores, chegando aos 6 millóns de euros en axudas para a contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos 82 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, anunciou que con estes fondos "os concellos crearán este ano un total de 593 empregos nun contexto socioeconómico especialmente difícil, marcado polas consecuencias da pandemia da Covid-19." De aí que, entre as tarefas que ha prestar o persoal contratado, se inclúan este ano dúas adicionais relacionadas coas novas necesidades xurdidas a raíz da pandemia, que son as de conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade local destinados a centros públicos de educación infantil, primaria ou especial e as tarefas de protección da salubridade pública.

"Con 6 millóns de euros de orzamento en 2021, PEL Concellos é o maior programa de creación de emprego municipal impulsado por unha administración local en Galicia e ofrecerá unha oportunidade laboral a preto de 600 persoas nun contexto social e económico tan difícil como o actual", afirmou González Formoso, que subliñou o "carácter social" dun programa que prima a contratación das persoas pertencentes a aqueles colectivos con maiores dificultades para atopar un emprego e remarcou que o persoal contratado contribuirá a mellorar os servizos públicos dos municipios.

O presidente sostivo que a creación de emprego e a protección social dos colectivos máis desfavorecidos son os dous obxectivos principais do Goberno provincial neste 2021, co obxectivo de "contribuír á reactivación económica sen deixar a ninguén atrás".

Grazas a este incremento de fondos propios da Deputación destinados a PEL-Concellos, un total de 593 persoas desempregadas contarán cun emprego relacionado co desenvolvemento de servizos municipais, que inclúen os de mantemento de alumeado público, recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento de auga potable e redes de sumidoiros, melloras nos acceso aos núcleos de poboación, pavimentación das vías públicas, mantemento de parques e xardíns, tratamento de residuos ademais dos xa mencionados anteriormente de protección da salubridade pública e mantemento e vixilancia dos centros públicos de ensino.

Maior estabilidade das contratacións

Destaca especialmente que neste ano tan convulso os concellos optan polo fomento do emprego estable e de calidade, xa que a meirande parte decidiron realizar contratacións máis duradeiras,aliñándose cos obxectivos do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña de fomento da estabilidade no emprego. Así mesmo, unha maior duración na prestación do servizo polas mesmas persoas redundará nunha maior calidade deste e, por ende, no benestar da cidadanía.

Así, nas ofertas de emprego dos concellos a meirande parte dos contratos contarán cunha duración de 6 ou 7 meses, supoñendo arredor do 40% do total de contratacións que se realizarán, seguidos das de duración superior aos 7 meses, cun 30%, e das contratacións por 5 meses, que supoñen o 13% do total. Estas contratacións, que xa se están comezando a realizar, deberán desenvolverse entre o período comprendido desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2021.

Destacan os concellos das Pontes, Muxía e Cabana de Bergantiños na xeración de postos de traballo

En canto á distribución por concellos da oferta de novos postos de traballo, destacan os das Pontes que contratará a 22 persoas durante 5 meses, o de Muxía que realizará 16 contratacións, Cabana de Bergantiños que contratará a 14 persoas, A Laracha a 13, Dumbría a 12 e os concellos de Padrón, Santa Comba, Ares, Cee, Noia que proporcionarán un emprego a 11 persoas cada un.

Por comarcas, a de Santiago é a que máis empregos creará, cun total de 159, o que supón o 27% de todas as contratacións para realizar ao abeiro de PEL-Concellos Reactiva, seguida da comarca de Carballo con 140 novos empregos (o 23%), e da de Ferrol con 129 novos postos de traballo (o 22%).

6 millóns de euros en axudas directas á contratación de persoas desempregadas en risco de exclusión

En canto ao reparto dos 6 millóns de euros, este realizouse en base a criterios obxectivos, atendendo á porcentaxe resultante de dividir o número de persoas desempregadas no concello entre o número total de persoas desempregadas na totalidade dos 82 concellos de menos de 20.000 habitantes. As axudas para a contratación oscilan entre os 104.000 euros e os 38.000 euros, o dobre que o ano pasado.

Entre os concellos que se beneficiarán das axudas máis cuantiosas están Sada, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Cee, A Laracha, Fene, Ordes, Padrón e Teo.

A distribución por comarcas e por concellos en canto a importe de axudas concedido e aos postos de traballo a ofertar é a seguinte: 

Concello

 Importe concedido

Postos de traballo

 

COMARCA DA CORUÑA

 

ABEGONDO 

                68.000,00 €

6

 

ARANGA 

                50.000,00 €

5

 

BERGONDO 

                85.814,15 €

7

 

BETANZOS 

             103.509,34 €

8

 

CARRAL 

                78.925,00 €

5

 

COIROS 

                50.000,00 €

10

 

CURTIS 

                61.964,68 €

8

 

IRIXOA 

                44.000,00 €

6

 

MESÍA 

                50.000,00 €

4

 

MIÑO 

                86.000,00 €

5

 

OZA CESURAS 

                74.000,00 €

8

 

PADERNE 

                50.000,00 €

6

 

SADA 

             104.000,00 €

8

 

SOBRADO DOS MONXES 

                50.000,00 €

6

 

VILASANTAR 

                38.000,00 €

3

 

TOTAL

             994.213,17 €

95

 

 

COMARCA DO BARBANZA

 

 

BOIRO 

             103.996,35 €

5

 

CARNOTA 

                68.000,00 €

8

 

LOUSAME 

                62.000,00 €

8

 

MAZARICOS 

                61.968,80 €

8

 

MUROS 

                92.000,00 €

7

 

NOIA 

                98.449,32 €

11

 

OUTES 

                74.000,00 €

6

 

A POBRA DO CARAMIÑAL 

             104.000,00 €

7

 

PORTO DO SON 

                92.000,00 €

4

 

RIANXO 

             104.000,00 €

6

 

TOTAL

             860.414,47 €

70

 

 

COMARCA DE CARBALLO

 

 

CABANA DE BERGANTIÑOS 

                74.000,00 €

14

 

CAMARIÑAS 

                85.699,96 €

8

 

CEE  

             104.000,00 €

11

 

CERCEDA 

                62.000,00 €

9

 

CORCUBION 

                50.000,00 €

4

 

CORISTANCO 

                98.000,00 €

10

 

DUMBRIA 

                68.000,00 €

12

 

FISTERRA 

                86.000,00 €

8

 

A LARACHA 

             104.000,00 €

13

 

LAXE 

                74.000,00 €

5

 

MALPICA DE BERGANTIÑOS 

                74.000,00 €

10

 

MUXÍA 

                74.000,00 €

16

 

PONTECESO 

                74.000,00 €

5

 

VIMIANZO 

                92.000,00 €

10

 

ZAS 

                68.000,00 €

5

 

TOTAL

        1.187.699,96 €

140

 

 

COMARCA DE FERROL

 

 

ARES 

                85.348,27 €

11

 

CABANAS

                62.000,00 €

6

 

A CAPELA 

                43.788,04 €

5

 

CARIÑO 

                68.000,00 €

4

 

CEDEIRA 

                86.000,00 €

7

 

CERDIDO 

                44.000,00 €

4

 

FENE 

             104.000,00 €

7

 

MAÑÓN 

                44.000,00 €

7

 

MOECHE 

                38.000,00 €

3

 

MONFERO 

                50.000,00 €

4

 

MUGARDOS 

                86.000,00 €

6

 

NEDA 

                80.000,00 €

7

 

ORTIGUEIRA

                79.750,37 €

9

 

PONTEDEUME 

                98.000,00 €

7

 

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ 

92.000,00 €

22

 

SAN SADURNIÑO 

                55.989,84 €

5

 

AS SOMOZAS 

                50.000,00 €

4

 

VALDOVIÑO 

                86.000,00 €

7

 

VILARMAIOR 

                44.000,00 €

4

 

TOTAL

        1.296.876,52 €

129

 

 

COMARCA SANTIAGO

 

 

ARZUA 

                74.000,00 €

8

 

A BAÑA 

                68.000,00 €

8

 

BOIMORTO 

                50.000,00 €

6

 

BOQUEIXÓN 

                59.969,71 €

4

 

BRIÓN 

                92.000,00 €

7

 

DODRO 

                62.000,00 €

5

 

FRADES 

                50.000,00 €

8

 

MELIDE 

                92.000,00 €

7

 

NEGREIRA 

                92.000,00 €

8

 

ORDES 

             104.000,00 €

7

 

OROSO 

                92.000,00 €

6

 

PADRÓN 

             104.000,00 €

11

 

O PINO 

                62.000,00 €

6

 

ROIS 

                68.000,00 €

4

 

SANTA COMBA 

                98.000,00 €

11

 

SANTISO 

                50.000,00 €

4

 

TEO 

             104.000,00 €

6

 

TOQUES 

                44.000,00 €

4

 

TORDOIA 

                50.000,00 €

10

 

 TOURO 

                62.000,00 €

10

 

TRAZO 

                50.000,00 €

8

 

VAL DO DUBRA 

                56.000,00 €

5

 

VEDRA 

                62.000,00 €

6

 

TOTAL

        1.645.969,71 €

159

 

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X