Estás en:Emprego Novas

A Deputación e Cambre destinan 342.735 euros a 172 autónomos e microempresas do municipio afectados pola crise da Covid-19

Cambre vén de publicar a resolución provisional das axudas do Pel-Reactiva, que oscilan entre os 1.500 e os 3.000 euros

No conxunto da provincia, o PEL-Reactiva alcanza os 15,5 millóns de euros, 12,5 para os concellos de menos de 50.000 habitantes e 3 millóns para complementar os plans de rescate e reactivación económica das grandes cidades

A Deputación e Cambre destinan 342.735 euros a 172 autónomos e microempresas do municipio afectados pola crise da Covid-19

O Concello de Cambre vén de publicar a concesión provisional das axudas do programa PEL-Reactiva, impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración cos concellos da provincia para apoiar aos autónomos e microempresas máis afectadas pola crise da Covid-19.

Un total de 172 autónomos e pequenos negocios do municipio recibirán estas axudas, que oscilan entre os 1.500 e os 3.000 euros, e suman un importe total de 432.735 en Cambre. O 80% dos fondos son achegados pola Deputación da Coruña e o 20% restante polo municipio.

No conxunto da provincia, o PEL-Reactiva alcanza os 15,5 millóns de euros, 12,5 para os concellos de menos de 50.000 habitantes e 3 millóns para complementar os plans de rescate e reactivación económica das cidades da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.

Agora, tal e como se recolle nas bases reguladoras, cada beneficiario deberá xustificar os gastos subvencionables antes do 31 de marzo. Posteriormente a esta data procederase á resolución final e ao aboamento do importe da cantidade concedida. Por outra banda, ábrese un prazo de dez días hábiles para presentar renuncias, ou alegacións á concesión provisional.

Os gastos subvencionables son a compra de material desinfectante e de limpeza, seguros, subministración (auga, luz, electricidade, combustible...), adquisición de mamparas, arrendamentos de locais, vehículos, maquinaria...

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X