Estás en:Emprego Novas

O presidente da Deputación participou nos almorzos de ASCEGA con emprendedores coruñeses

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá nos almorzos informativos que organiza periodicamente a Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA).

O presidente provincial, que foi presentado polo presidente da entidade, Alfonso Salazar Martínez, detallou ante uns 25 autónomos, emprendedores e pequenos empresarios da cidade herculina os plans que está a desenvolver a Deputación para apoiar a creación de emprego e a consolidación de novas iniciativas empresariais e escoitou as demandas e inquietudes deste colectivo con respecto ás dificultades que atopan para pór en marcha e desenvolver as súas iniciativas empresariais.

González Formoso explicou as liñas xerais do Plan de emprego local (PEL) 2016-2019 impulsado polo Goberno provincial que, ademais de apoiar aos 93 concellos da provincia para a contratación de persoas desempregadas que se dedicarán á prestación de servizos municipais, contará por primeira vez con liñas de apoio á contratación de persoal orientadas ás pequenas empresas e cun completo programa de apoio a novos proxectos empresariais "que xeren valor engadido e emprego nesta provincia, que aínda ten a 90.000 dos seus veciños en situación de desemprego".

"A liña de traballo transversal na Deputación vai a ser a xeración de emprego, o apoio ao emprendemento e a todo aquel proxecto que supoña xeración de actividade económica na nosa provincia", afirmou Formoso.

Apoio ao emprendemento e ás PEME da provincia

O presidente provincial explicou que O PEL contará con liñas de apoio ao emprendemento sostible e innovador, con axudas á creación de novas iniciativas empresariais, fomento de viveiros e incubadoras de empresas, posta en marcha de espazos de coworking e a creación dun premio para novos proxectos emprendedores, que terá unha dotación económica de 50.000 euros.

A través destas iniciativas, a Deputación espera apoiar a creación de 50 novas iniciativas empresariais na provincia.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X