Estás en:Emprego Novas

O Pazo de Arenaza retoma a actividade formativa e de dinamización do tecido empresarial con catro ciclos de eventos mensuais en formato presencial e en liña

O Pazo de Arenaza retoma a actividade formativa e de dinamización do tecido empresarial con catro ciclos de eventos mensuais en formato presencial e en liña

O mes de marzo ven de ver o reinicio da actividade de dinamización do tecido empresarial e dos propios coworkers do Pazo de Arenaza con catro ciclos de eventos de diferentes temáticas. Durante todo o ano 2021 poderemos asistir de forma gratuíta e aberta (previa inscrición) a calquera evento organizado no Pazo de Arenaza en formato híbrido presencial+online. Todos os eventos dos ciclos serán en xoves en horario de 12:00 a 13:30 coas seguintes temáticas:


1. Emprendemento: o primeiro xoves de cada mes. As temáticas dos eventos pivotarán en torno ao emprendemento, novas metodoloxías de traballo, historias de éxito, etc, e terán un enfoque principalmente formativo.
2. Administrativo: o segundo xoves de cada mes. Cun enfoque formativo, trataremos cuestións administrativas comúns a empresas e autónomos en proceso de alta ou con pouco tempo de existencia.
3. Arquitectura: o terceiro xoves de cada mes. Neste caso os eventos serán preferentemente presenciais con todas as medidas (distanciamento, máscara, ao aire libre) sempre que a situación do COVID o permita. O enfoque é máis de networking, falando sobre unha temática concreta pero favorecendo o contacto físico entre emprendedoras e empresas dos sectores prioritarios do Pazo de Arenaza.
4. Coworkers: o cuarto xoves de cada mes. Estes eventos buscan dar voz aos coworkers do Pazo dándolles un espacio virtual no que mostrar o seu traballo para posicionarse nos seus respectivos mercados.

Ademais destes eventos poderemos desfrutar de outros eventos máis puntuais con formatos máis abertos que se irán anunciando mes a mes na web do Pazo de arenaza arenaza.pel.gal e na Newsletter mensual do Pazo.

Santiago González, de STGO, visitou o Pazo de Arenaza

O pasado Xoves 18 Santiago González, de STGO, visitou o Pazo e deu o pistoletazo de saída ás Conversas de Arquitectura, os eventos de Arquitectura do Pazo de Arenaza. Na súa visita Santiago compartiu coas asistentes a actividade do seu estudio, mostrando como no seu caso a diversificación nun momento de crise permitiu que a súa empresa crecese de forma sostible durante os últimos anos e alcanzando facturacións próximas ao millón de euros anuais.
Ademais, Santiago mostrou como están conseguindo xerar oportunidades da crise provocada polo COVID-19, con promocións inmobiliarias que están permitindo ao estudio manter unha actividade intensa e moi interesante.

Vindeiros eventos

Á volta de semana santa retomaremos a actividade con eventos o día 8 e o día 15. O día 22 teremos a José María Lorenzo, arquitecto fundador de Hauss Modular, que falará connosco de prefabricación no sector da arquitectura e de como tiveron que adaptarse en época de pandemia ás novas necesidades do sector da construción no campo das vivendas unifamiliares.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X