Estás en:Emprego Novas

A Deputación financia a contratación de cinco operarios no Concello de Ponteceso

A través do programa PEL-Concellos, que este ano duplicou o seu orzamento para contribuír a paliar as consecuencias da Covid-19, Ponteceso recibe 74.000 euros para financiar as contratacións

Hoxe comezan a traballar un operario-condutor, dous albaneis e dous operarios de servizos múltiples que contribuirán a mellorar os servizos municipais

A Deputación financia a contratación de cinco operarios no Concello de Ponteceso

A Deputación da Coruña financia a contratación de cinco operarios no Concello de Ponteceso. As traballadoras e traballadores, que hoxe comezan o seu  labor, son un operario-condutor, dous albaneis e dous operarios de servizos múltiples, que contribuirán á mellora dos servizos e infraestruturas municipais. Ponteceso é dos primeiros concellos da provincia en asinar os contratos do PEL 2021.

Os traballadores terán contrato a tempo completo ata final de ano. Os custos laborais e de Seguridade Social son asumidos pola Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de Emprego Local (PEL-Concellos), que este ano duplica o seu orzamento co obxecto de contribuír a paliar as consecuencias da pandemia.

"Con 6 millóns de euros de orzamento en 2021, PEL Concellos é o maior programa de creación de emprego municipal impulsado por unha administración local en Galicia e ofrecerá este ano unha oportunidade laboral a preto de 600 persoas nun contexto social e económico tan difícil coma o actual", explicou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso.

Este incremento no orzamento do programa supón que Ponteceso recibe este ano 74.000 euros da Deputación para financiar as contratacións, o dobre que o ano pasado, o que permite ao municipio contratar persoal durante máis tempo.

Os operarios seleccionados integrarán unha cuadrilla de obras destinada a realizar obras e traballos de reparación, mantemento, acondicionamento e mellora de diversas infraestruturas titularidade municipal coma parques e xardíns, vías públicas ou beirarrúas

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X