Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A institución provincial duplica este ano as axudas aos concellos para a contratación de informadores turísticos
Páxinas suxeridas
As campañas de limpeza praias, contratación de socorristas para piscinas e informadores turísticos están xa en marcha

A Deputación da Coruña destina este verán máis de 2,1 millóns de euros a programas estacionais que xerarán arredor de 500 empregos

10 de Maio de 2017

A Deputación da Coruña inviste este verán máis de 2,1 millóns de euros en diversos programas que contribuirán a mellorar a limpeza das praias coruñesas, a seguridade das piscinas municipais e praias fluviais dos concellos do interior e os servizos de información turística dos concellos durante a tempada estival. Coa suma destas accións, o goberno provincial aspira a crear durante a tempada estival máis de 500 empregos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a importancia destes programas estacionais para mellorar os servizos e infraestruturas turísticas, entre eles praias e piscinas, "e ofrecer a mellor imaxe dos concellos da provincia da Coruña aos visitantes" e incidiu na súa "relevancia" para a xeración de emprego, "un dos obxectivos estratéxicos do goberno provincial".

Neste sentido, a Deputación vén de distribuír entre 41 municipios os 900.000 euros do programa de limpeza de praias, que se destinarán á contratación de cuadrillas de traballadores que se ocuparán de deixar os areais coruñeses nas mellores condicións e do seu mantemento diario durante a tempada estival.

Socorristas en piscinas e praias fluviais

A esta iniciativa, súmase a convocatoria, publicada hoxe no BOP, do programa destinado a financiar a contratación de socorristas durante a época estival nas piscinas e praias fluviais dos concellos do interior da provincia de menos de 50.000 habitantes.

As bases da convocatoria, cunha dotación económica de 306.000 euros para este verán, especifican que os concellos poderán optar a subvencións de ata 10.000 euros para a contratación, durante un período máximo de tres meses, de socorristas que garantan a seguridade dos bañistas nos concellos que dispoñan de piscina ou praia fluvial no seu territorio.

Ao abeiro de ambos os dous programas (limpeza de praias e socorristas), que suman 1,2 millóns de euros, os concellos da provincia da Coruña contrataron o ano pasado a máis de 300 persoas.

Duplícanse os fondos para informadores turísticos

O presidente da Deputación subliñou tamén que este ano a área de Turismo que dirixe o deputado Xosé Regueira vén de duplicar os fondos que viña destinando á contratación de informadores turísticos nos concellos, co obxecto de mellorar a atención aos visitantes, especialmente durante os meses de verán.

O ano pasado, un total de 47 concellos coruñeses se beneficiaron destas axudas cun investimento de 400.000 euros, que este en 2017 duplica ata os 800.000 €, polo que o goberno provincial agarda tamén duplicar o número de persoas contratadas ao seu abeiro, de xeito que este ano ronden o centenar.

Os concellos xa cursaron as súas solicitudes e a Deputación espera publicar nunhas semanas a adxudicación provisional de fondos que lle corresponde a cada municipio neste programa.

Formación de socorristas

Como novidade, a Deputación está desenvolvendo este ano, dentro das accións do Plan de Emprego Local (PEL), un programa de formación de socorristas que ten como obxecto paliar os problemas que moitos concellos atopan á hora de contratar a estes profesionais durante a tempada de verán e que o ano pasado ocasionaron a retirada da bandeira azul a varias praias da provincia, que non conseguiron contar co servizo de vixilancia axeitado.

Estes cursos, nos que a Deputación inviste 110.000 euros, facilitarán a formación e inserción laboral de 90 persoas desempregadas da provincia