Páxinas
Novas

Novas

Image Slider
A Deputación financia a contratación de 13 operarios en Cee e 10 na Laracha para a limpeza de praias
Páxinas suxeridas
O BOP publica hoxe as bases para a selección dos 23 traballadores, que se encargarán do mantemento tanto dos areais como da súa contorna e accesos

A Deputación financia a contratación de 13 operarios en Cee e 10 na Laracha para a limpeza de praias

02 de Xuño de 2017

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases para a contratación de 13 peóns en Cee e 10 en Laracha para o servizo de limpeza de praias durante os meses de verán, cuxos custos salariais financia a Deputación da Coruña a través do programa de limpeza de areais marítimos.

As funcións que desempeñarán os traballadores serán as necesarias para manter as praias, o seu entorno e os accesos viarios en perfectas condicións para o seu uso por parte dos bañistas.

Destinado a desempregados/as con dificultades para a integración laboral

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.

Así mesmo, a Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Tamén se outorgarán puntos a aquelas persoas que remataran  favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.